Opera: concepto e orixes
Concepto
O trazo diferencial da ópera é que se trata dun espectáculo dramático cantado de principio a fin cunha técnica extracotiá, e acompañado pola orquesta.
Outros trazos característicos son:
O coro de cantantes
Grande formato, o que implica grande aparato escenográfico e de tremoia. Tamén o vestiario adoita ser luxoso.
A dramaturxia do espectáculo reside na música e non tanto no libreto: o importante é o que conta a música, non o que conta o texto. A acción exponse nos diálogos e sos cantados.
É teatro de repertorio. Isto quere dicir que existe un conxunto de óperas que son comúnmente representadas con regularidade. Aínda que eventualmente se escriban novas óperas ou se monten óperas esquecidas o habitual é cinguirse ao repertorio.
Aspectos sociais: desde os seus inicios foi un espectáculo cuns enormes gastos de produción, e, en consecuencia asistir á ópera estaba limitado a unha elite socioeconómica. A ópera proporcionaba o momento e lugar para que esa elite se relacionara nun ambiente informal.
Local de representación. É un tipo de teatro cun grande escenario para que caiban os coros, cun amplo foso para a orquesta, con maquinaria teatral complexa, cunha sala luxosa acorde co estatus social do seu publico e con espazos para que ese público poda socializar e relacionarse (foyer).
Tecnoloxía. Históricamente foi o motor da mellora da tecnoloxía escénica. Xa Serlio (1475-1555) utilizou recursos de iluminación como as luces de cores vermellas mediante o reflexo dun facho diante de botellas de auga tinguida con ese ton. Ata o século XIX foron perfeccionándose este tipo de técnicas. En 1822 aparece a iluminación por gas no teatro da Ópera de París, en 1849 a luz eléctrica en escena co Profeta de Meyerbeer. As novidades en enxeñería escenotécnica sempre comezaron pola ópera.
É unha arte do espectáculo máis adscrita ao eido musical ca o teatral. É significativo que aos actuantes da ópera non se lles chama actores, senón cantantes. Non é doado seguir o texto, debido aos tons forzados que se empregan e a intervención de coros e orquesta. De feito, nun principio podía comprarse o texto á entrada do teatro e ir seguíndoo con veliñas.
Cuestións de xénero. As mulleres podían chegar a ser divas (deusas) da ópera, aínda que habían de competir cos castrati.
Cuestión nacional e idioma. Como afirma Quico Cadaval, entre finais do século XIX e principios do XX, “se tiñas unha ópera, tiñas unha nación”. A primeira clasificación da ópera é a cuestión nacional. Podemos falar de ópera italiana e tamén de ópera francesa e alemana, existindo tamén outras tradicións nacionais. O italiano é o idioma por antonomasia da ópera, e a dia de hoxe a ópera segue a ser moi popular en Italia, do mesmo xeito que a Zarzuela o foi en España. Os italianos eran os mestres de cerimonias na Corte francesa de Luis XIV (1643-1715). Organizaban os actos e montaban os ballets e as óperas.
Modelo de financiación da ópera.
A Cincenta, de Rossini: tres versións
Cecilia Bartoli
En 3 minutos entenderemos por qué Bartoli é unha diva. Nos comentarios ao video podemos apreciar as paixóns que desata.
Glyndebourne
Unha montaxe canónica, do Festival de Glyndebourne. No min. 12 podemos apreciar os decorados pintados e a mesa e cadeira non practicables
Comediants
A influencia do teatro na ópera. Atentos aos ratos da figuración!
Sexteto no min. 2:14.
Orixes da Ópera
As orixes de case todas as artes do espectáculo pérdense na brétema dos tempos. O caso da ópera é unha excepción, porque sabemos cando e cómo xurdiu. Na Florencia de finais do século XVI o conde Bardi xuntaba no seu palacio a intelectuais como Vincenzo Galilei (pai de Galileo) e músicos e artistas como Peri e Caccini. Estaban fascinados pola Antigüidade grecolatina que se estaba a redescubrir, por exemplo polo teatro grego. E decidiron reinventar ese teatro grego nun espectáculo de asunto mitolóxico, con coro, músicos, canto e grande aparato escenográfico.
O tema das primeiras óperas é a fábula de Orfeo e Eurídice, un asunto moi acaído, xa que Orfeo é poeta e músico, e tentará recuperar da sua caída no Inferno a Eurídice. Esta, que non pode mirar atrás, deberá seguir a Orfeo guiada polos sons da súa lira.
Antecedentes: os intermedii e a comedia de madrigais
A historia que acabamos de contar sobre as orixes da ópera é unha boa historia, e ten moito de verdade. Pero é demasiado simple, e a realidade sempre é máis complexa. Antes de que xurdira a ópera como xénero diferenciado houbo outros xéneros que se poden considerar antecedentes da mesma, nomeadamente a comedia de madrigais e os intermedii.
Os Intermedii
Os intermedii eran unha forma renacentista de entretemento teatral baseado na música, na danza, no canto e a declamación que se realizaban entre os actos das traxedias, comedias, etc. Ofrecían un contraste co drama que estaba a ser representado. Os intermedii foron escritos e interpretados desde finais do século XV ao século XVII, pero o momento de maior esplendor foi durante o século XVI. A partir de 1600, fusionaronse coa ópera.
Intermedii / Intermezzo
Convén non confundir os intermediii cos intermezzo, unha ópera cómica breve, de argumento realista e popular que se representaba nos entreactos dunha ópera seria. durante o século XVIII, e que darán orixe á ópera bufa. O máis coñecido é La serva padrona de Pergolesi (1733).
Diferenza intermedii/intermezzo:
– A época: os intermedii son previos á aparición da ópera (1500‐1600). Os intermezzo están ligados á ópera do XVIII.
– A temática: os intermedii son de asunto mitolóxico e alegórico e os intermezzo de asunto cotián.
Una stravaganza dei Medici
Una stravaganza dei Medici é o nome xenerico como se coñece a un conxunto de intermedii compostos para o entretemento nos entreactos de La Pellegrina, unha comedia escrita por Girolamo Bargagli, que é coñecida principalmente polos seus intermedii. O motivo desta produción foi a celebración das bodas do Grande Duque Fernando I de Medici e Cristina de Lorena en 1589, en Florencia.
O período de preparación de La Pellegrina durou 8 meses. So os dispositivos mecánicos deseñados por Bernardo Buontalenti (c.1536‐1608) levou máis dun ano construilos.
A duración total dos intermedii é de setenta minutos. Son un total de seis intermedii, que non conforman unha única narración pero si teñen un tema en común: O poder da música e a súa influencia sobre os homes. Os personaxes son alegorías mitolóxicas como por exemplo o ceo, a terra, as estrelas, as musas, Apolo, etc. Inclue moita música instrumental e vocal, e conclue con gran ballet ao xeito francés.
Enlaces:
hep://www.3pipe.net/2010/06/unastravaganza‐dei‐medici‐rare‐visual.html
hep://en.wikipedia.org/wiki/The_Pilgrim_Woman
Gravado da naumachia de 1589, no Palazzo Pitti
O mesmo espazo a día de hoxe
A boda de Ferdinando e Cristina de Lorraine (1565‐1637) foi fastuosa. Sabemos que ademais da comedia La Pellegrina e os seus correspondentes intermedii, incluiu numerosas festividades e banquetes, como por exemplo o anegamento do patio do Palazzo Pitti para celebrar unha naumachia.
A comedia de madrigais
A comedia de madrigais viña sendo unha concatenación de madrigais.
O madrigal é un xénero vogal, escrito a catro ou máis voces, baseado nun poema.
A música trata de adaptarse ao sentido do texto, mediante unha técnica pola que cada frase ou cada palabra expresan musicalmente o seu significado. Por exemplo, a palabra "risa" nunha pasaxe de notas rápidas que imitan gargalladas, ou o "salouco" nunha pasaxe onde a nota cae a un ton inferior. Esta técnica se coñece tamén como "pintura de palabras".
Esta preocupación renacentista por "afectar aos sentimentos dos ouvintes" cristalizará na Teoría dos Afectos, característica do período barroco. Xa na Teoría Musical Grega a idea dos modos musicais establecían uns sistemas de escalas o “modo de facer música” que debían “mover os afectos” do ouvinte, de xeito que non puidera ficar impasible ao ouvila. É unha especie de teoría dos efectos da recepción (Isser) avant la lettre. Isto enténdese doadamente se evocamos o efecto tan diferente que produce un modo maior e un modo menor.
A importancia da música na hora de provocar sentimentos será empregada a partir do século XVIII no melodrama, e xa no século XX no cine. De feito hai quen considera a Wagner un antecesor da experiencia cinematográfica, xa que ademais do uso dramatúrxico da música, procurou a ilusion total agochando a orquesta e apagando as luces da sala por primeira vez.
A comedia de madrigais máis famosa foi L´Amfiparnaso (As abas do Parnaso), de Orazio Vechi (1597). O xénero non estaba destinado á súa representación escénica, conforme describe Lelio no prólogo: ... pero saiban vostedes que este espectáculo do que lles falo observase coa mente, onde entra polos ouvidos, e non polos ollos...
A peza está estruturada en tres actos e inspirada nas tramas da commedia dell'arte: Os protagonistas son Lucio e Isabel innamorati que foron separados por un malentendido, e xunto a eles temos as outras tramas dos personaxes da commedia.
Madrigal de Les Luthiers
En Mastropiero que nunca, Les Luthiers abre o espectáculo cun madrigal
L 'Amfiparnaso
L' Amfiparnaso representado
L' Amfiparnaso (making of)
So para xentes do oficio: making of da gravación de L' Amfiparnaso
A primeira ópera
Comúnmente considérase que a primeira ópera foi o Orfeo, de Monteverdi (1607).
Pero hai autores que consideran que L 'Amfiparnaso (1600), de Orazio Vecchi xa era unha ópera. Fronte a isto arguméntase, por unha banda, que era unha comedia de madrigais, e por outra, que non se chegou a representar escénicamente.
Tamén Dafne (1598) de Jacopo Peri é unha candidata a ter sido a primeira ópera, pero so conservamos dela o libreto de Rinuccini e algúns fragmentos da música.
En Euridice (1600), de Peri e tamén con libreto de Rinuccini, temos poucos diálogos. Son escenas independentes separadas por coros que se limitan a comentar a acción. Non parece unha ópera aínda.
A Rappresentatione di Anima e di Corpo (1600) de Emilio de Cavalieri tampouco parece ser aínda unha ópera.
So chegaron a nós seis fragmentos da Dafne, nos que podemos percibir a fidelidade ás regras do teatro grego: por exemplo, nin a morte do dragón nin a transformación de Dafne en loureiro teñen lugar á vista do público.
Dafne, de Jacopo Peri e Rinuccini
O presente video é unha especie de lectura dramatizada, e por tanto é moi teatral. Estes son algúns dos recursos que utilizan:
1.22' Elevación do coro por detrás
2.00' Disposición da sala
2.20' O coro cúbrese
3.36' O coro ataca
7.53' O anacronismo da escopeta
Orfeo de Monteverdi
Foi composta para os carnavais de Mantua. Comparada coas de Peri y Caccini (predecesores na camerata florentina), ten máis interese musical. Para Peri y para Caccini, a ópera era, ante todo, literatura.
Monteverdi publicou tamén oito coleccions de madrigais, nos que amosa o seu dominio da técnica madrigalista.
Jordi Savall
Bob Wilson
Trisha Brown
(Coreografía) Foi fundadora do Judson Dance Theatre, e discipula de Martha Graham e Merce Cunningham
Cavalli (1602‐1676)
Discípulo de Monteverdi. As óperas de Cavalli foron representadas en Italia por compañías itinerantes con grande éxito. Giasone foi a ópera máis popular do século XVII, malia o seu rexeitamento por parte dalgúns críticos pola súa mestura de traxedia e farsa.
O Cardeal Mazarino (italiano de orixe e impulsor da ópera en Francia) invitouno a traballar en Francia en 1660 para compoñer una ópera con motivo da boda de Luis XIV con María Teresa de Austria. Foi un desastre. As francesas no respondieron ben a Ercole amante (1662), especialmente composta para a voda: de xeito alegórico Hércules representa a Luis XIV, e a Beleza, a María Teresa de Austria.
Pero os franceses prefiriron o ballet insertado entre os dous actos de Ercole amante polo florentino Lully que contou coa participación do propio rei facendo de Sol. Os preparativos da producción foron demoráronse, e cando se estreou xa levaban dous anos casados e a raíña xa estaba embarazada.
Cavalli xurou nunca máis compoñer unha ópera.
Un soño erótico de Xasón. Dificultade de cantar cos ollos pechos, deitado. Il Giasone incorpora cinco escenas de soño. Convención da Commedia dell'arte. Facilita a dramaturxia porque implica perda do autocontrol e revelacion dos pensamentos máis íntimos. Musicalmente conteñen cancions de cuna e melodías suspendidas, con silencios.
Produción australiana da Orchestra of the Antipodes
Escena portuaria de inspiración gai. Escenografia interesante
Ercole amante
Ercole amante foi o espectáculo máis grandioso en Europa ata aquel momento. Algúns ballets foron interpretados por membros da Corte e había unha sofisticada maquinaria que incluía un brazo mecánico que podía soportar e desprazar a máis de 50 bailarins.
Ópera comercial: Venecia
Nas primitivas óperas (o Orfeo de Monteverdi, por exemplo) o público son os nobres e personaxes importantes,
invitados polo mecenas que financia e promove el evento.
A iniciativa empresarial de cobrar billeterïa será máis adiante
A ópera tomó un importante xiro cuando Chega á República de Venecia. Abreuse o primeiro teatro de ópera en 1637. A finais de 1600 había xa en Venecia dazaseis teatros de Ópera, que representaban durante o Carnaval. Os teatros tiñan orquesta moi pequena para aforrar cartos. Unha gran parte do presuposto era para atraer ás estrelas do momento; foi o comezo do reino do castrato e a prima donna.
O principal compositor de la ópera veneciana foi Claudio Monteverdi, Á morte de Monteverdi a ópera está xeneralizada en Italia e comeza a introducirse en Europa.
A aria da capo aparece hacia 1640 para reemprazar ao recitativo. O texto acaba sendo so o soporte dunha exhibición vocal.
A aria da capo é característica da ópera barroca e ten unha estrutura en tres partes, das que a terceira consiste na repetición do tema (estrofa e música) exposto na primeira parte (da capo: desde o principio) coas variacións persoais que lle engade o cantante.
Palais Garnier, Paris. Obsérvese que o escenario propiamente dito é pequeno (parte vermella) en comparación coa parte social (foyer)
Os teatros
Hai teatros de ópera importantes pola súa arquitectura (Sydney), prestixio musical (La Fenice, Teatro alla scala), aspectos sociais (MET), culturais (Bayreuth), relativos ás artes decorativas (Chicago: art decó) ou anecdóticos (Manaos).
Hai fotos e información abondo deles en internet.
Efectos especiais: unha ópera da década de 1820 chegou a ter o Vesubio en erupción no escenario.
Diferenzas canto lírico vs. canto popular
6:03-11:40: diferenzas canto lírico vs. canto popular
14:36-15: Orixe e natureza do "Do de peito"
BIBLIOGRAFÍA
Carreira, Xoan M. EL NACIONALISMO OPERÍSTICO EN GALICIA. Revista de Musicología Vol. 10, No. 2, Symposium Internacional: La Música para Teatro en España (Mayo-agosto 1987), pp. 667-683 (17 pages) Published By: Sociedad Española de Musicología (SEDEM) https://www.jstor.org/stable/20795164
Carreira, Xoan M. LA TASA Y REGULACIÓN DEL COLISEO DE ÓPERAS Y COMEDIAS FABRICADO POR SETARO (LA CORUÑA, 1772). Revista de Musicología. Vol. 10, No. 2, Symposium Internacional: La Música para Teatro en España (Mayo-agosto 1987), pp. 601-621 (21 pages). https://www.jstor.org/stable/20795157
Carreira, Xoan M. Máis artigos seus sobre a música culta en Galicia: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=38875
Máis artigos sobre música antiga e barroca no teatro en Vol. 10, No. 2, Mayo-agosto 1987, Symposium Internacional: La Música para Teatro en España. https://www.jstor.org/stable/i20795141