Cabarets artísticos
Paris-Berlin
Esta web está baseada no traballo académico Os inicios do cabaré en Berlín (1901-1914), de Ana Luna Castejón. Foi realizado no marco da asignatura Historia das Artes do Espectáculo I en novembro de 2016, e mereceu a calificación de sobresaínte.
Trazos característicos do cabaret: Paris e Berlín (1881-1945)
A transgresión: a violación do normativo a nivel social, sexual ou artístico
O políticamente non-correcto.
O erotismo.
Temática de arrabal: En Francia, Aristide Bruant, cántalles aos marxinados e as prostitutas. En Alemaña as Dirnlieder, cancións sobre prostitutas, son indispensables no Cabaret.
En Alemaña, desde os anos 50 distínguese entre Cabaret (con striptease) e Kabarett (crítica social e política)
O espazo: cabaret=taberna. Cabaret é un lugar onde se pode beber (e comer e fumar) durante a representación. O que se fai nun cabaret, é cabaret.
Lugar de encontro de artistas e intelectuais. Desde 1881 será un laboratorio para artistas novos, para vangardas, para crítica da contemporaneidade. Empregábase para probar e partillar material entre eles.
A hibridación: diálogos, monólogos, sombras, pantomima, poesía, música, etc. Está composto por números, ou pola contra pode ser unha dramaturxia, con ou sen cancións.
O espírito rebelde: a chanson contaba a política e as noticias dun xeito satírico.
Trazos distintivos do cabaret de artistas a respecto de...
...co café concert: Xurde en París na Revolución francesa, e se populariza a mediados do XIX. Era, sobre todo, baile e diversión. Evolúe cara a local de cantantes en solitario (cantautores) convertíndose no cabaret.
… co Music Hall: Xurde en Inglaterra cara 1850 como un pequeno local. Cando o termo chega a Francia significará a evolución do café concert pero cunha audiencia máis ampla.
… coa Revue: escenarios amplos e moita producción. Comercial e costosa.
A diferenza destes, o cabaret é un lugar máis íntimo, no que as temáticas poden ser máis arriscadas e non-comerciais.
Ainda que tamén existe o cabaret so como entretemento picante. O Folies Bergere, por exemplo, evolúe de ser un Music Hall (1869) a cabaret.
O 1º cabaret: Le Chat Noir (1881)
Ao primeiro eran encontros cerrados de artistas.
Foi fundado polo pintor Rodolphe Salis e os membros da sociedade dos Hydropathes en Montmartre, que daquela era un barrio marxinal de París.
Estes amigos de Salis eran poetas, compositores, escritores e pintores, comezaron a abrir o local unha vez á semana para un público selecto e servían bebidas.
Había un mestre de cerimonias. Había sátira, mesmo do establishment parisino que acudía a esa atmosfera decadente.
A partir de 1885, e durante os doce anos seguintes, foi o centro da vida nocturna e da vangarda de París: era un laboratorio artístico.
O espectáculo máis coñecido deste cabaret era o teatro de sombras.
Os cantantes (chansonniers) eran a principal forma de entretemento nos cafés franceses. As suas cancións (chansons) eran ademais un xeito alternativo de transmitir as noticias e as reaccións do pobo.
Aristide Bruant
En 1885 A. Bruant abre outro cabaret -Les Mirlitons- e no seu local desenvolve a chanson como poesía de rua e canción sociopolítica. E afóndase máis nos insultos á audiencia de Le Chat Noir: O anarquista Bruant canta cancións crus e tristes sobre personaxes de arrabal, meténdose "cos ricachóns que viñan vivir como pobres" a Montmartre.
Aristide Bruant en Francia cantaba: "Tous les clients sont des cochons"
Cabarets temáticos de París na mesma época
Maxime Lisbonne abriu a partir de 1880 diferentes cabarets temáticos: La Taverne du Bagne (de tema carcerario), Le Casino des Concierges, Le Ministère des Contributions directes et Le Concert Lisbonne (Diván Japonés). O propio Lisbonne era militante socialista, republicano e propagandista da revolución social, e interviña con monólogos de ton lixeiro pero con carga ideolóxica. Fundou xornais políticos e realizaba accións como por exemplo repartir comida aos necesitados desde o seu cabaret.
Nestes cabarets temáticos os camareiros ían vestidos de presidiarios, ou de demos, ou do tema ao que se dedicara o cabaret. Igualmente as bebidas tiñan nomes alusivos e, por suposto as actuacións tamén.
O Cabaret do Inferno, o Cabaret do Ceo e máis o Cabaret da Nada eran tamén temáticos e pertencían a un mesmo propietario: Antonin Alexander.
Outros cabarets: Cabaret des Quat'z'Arts, conconcidos chansoniers desde1895, Cabaret des Arts, etc. Neste enlace encontramos máis de 50 cabarets e cafe´s cantantes no París da época
O Teatro do Grand Guignol é de 1896
Cabaret de l'Enfer 1892. André Breton, o pai do surrealismo, vivía na casa do lado e frecuentaba estes locais.
Le Ciel, l'Enfer e o Cabaret du Neant son antecedentes do que hoxe chamariamos locais temáticos. Tamén había actuacións.
Cabaret du Néant. Aparicions de fantasmas, transformacions. Ilusionismo
As mesas eran ataúdes.
Le Ciel: A temática consistía nunha parodia da relixión: o ídolo é un porco e o Ceo está cheo de erotismo. Montaban tableaux vivants humorístico-relixioso-eróticos
min 4:46: O xogo do fantasma de Pepper no Cabaret da Nada
min 11:18 En que consistia o Cabaret du Ciel
Divan Japonais: Chanson, varietés, erotismo, alcohol desde 1883.
No Divan Japonais tivo lugar en 1894 o primeiro estriptis da historia. Era unha pantomima lírica titulada Coucher d’Yvette (Yvette déitase) no que a cantante y actriz Blanche Cavelli espiase con coquetería antes de deitarse
Foi un dos personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París. Chegou a ser a estrela do Folies Bergère en París.
Naceu no concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finou en Niza o 12 de abril de 1965.
Foi considerada unha cortesá con relacións coa aristocracia europea: co rei Eduardo VII de Inglaterra, co tsar Nicolao II e conGabriele d'Annunzio.
Retirouse en 1910 e dilapidou a súa fortuna no Casino de Montecarlo
O cabaret en Berlin: O cabaret Überbrettl
Influencia de semanario Simplicissimus (1896) (el Jueves), e da chanson francesa (1900). Xurde a imitación do modelo francés
O cabaret Überbrettl’ (o primeiro cabaret en Alemania, de 1901) ofrecía pantomimas, marionetas, diálogos, etc. O nome, Überbrettl (super-escenario), era unha alusión irónica ao Superhome (Übermensch) de Nietzsche.
A diferenza do modelo francés o ambiente non é o dunha taberna, onde existe un contacto directo entre o artista e seu público, senón o dun verdadeiro teatro, con patio de butacas e escenario ben diferenciados.
Non tiña unha intención claramente política e estaban preocupados pola censura. A situación política de Alemaña non era igual que a francesa. O seu fundador, o barón Wolzogen esperaba encontrar un punto medio entre os números circenses dos espectáculos máis populares e a representación teatral máis tradicional. Ou sexa, dar un paso máis alá do vaudeville. Estaba situado nun barrio obreiro. Pero o seu púbico procedía principalmente da clase media e alta, que habitaba noutro extremo da cidade. A dirección musical de Überbrettl foi asumida temporalmente por un noviño Arnold Schönberg. Durou so ata 1903: para a crítica o material que se presentaba era banal, e, por outro lado, o publico encontraba o mesmo material pero mellor presentado nos locais de vaudeville.
Non obstante, en poucos anos xurdiron perto de 40 cabarés en toda Alemania, a maioría en Berlín, moitos presentados por ex-aristócratas.
O tipo de humor que se cultivaba era o humor negro.
Había moito humor xudío e sobre xudíos, en parte porque moitos dos artistas eran xudíos, e en parte porque boa parte do público era xudío.
Tiveron problemas para adaptarse ao público. O seu público natural eran os artistas e a burguesía, con quen se metían de continuo, pero os locais estaban ás veces en barrios obreiros, que rexeitaban ese tipo de espectáculos e gostaban do vodevil máis convencional.
Ao final da Primeira Guerra Mundial tres cuartas partes do público dos cabarés de Berlín eran mulleres
Teatro de sombras. No centro, cun guión, Wolzogen.
O Schall und Rauch
O Schall und Rauch (Ruído e Fume) abriu as súas portas poucos meses despois que o Überbrettl. O seu fundador, Max Reinhardt, deulle maior importancia ao compoñente teatral de vangarda que ao ton vodevilesco da empresa de Wolzogen. Catro cosas achegou ao desenvolvemento do kabarett: foi o primeiro cabaré satírico-literario de Alemaña, supuxo o inicio da idade de ouro do kabarett, deu a súa forma definitiva ao xénero e deulle algo que até entón non tivera: a chanson. Todo iso en boa medida grazas a Kurt Tucholsky e outros grandes intérpretes, autores e compositores que marcarían o camiño a seguir no cabaré alemán.
https://www.kabarett.es/locales/schallundrauch/schallundrauch.html
Outros cabarets berlineses
Os primeiros cabarés berlineses
O pintor Max Tilke abriu en outubro de 1901 o primeiro cabaré berlinés, que lembraba aos cabarés de Montmartre polo seu ambiente de bistro e as caricaturas das paredes (Appignanesi 2004: 39). Segundo Stein (2007: 196-197), nas noites do Hungrige Pegasus, calquera que tivese un poema ou canción que presentar podía subir ao escenario. Ao final da velada facíase circular un prato e dividíanse os cartos entre os participantes. O programa non era, na opinión de Stein, especialmente crítico desde o punto de vista social ou político; en cambio, Appignanesi apunta que os poetas, escritores e pintores escapaban coma podían da censura (39).
Tamén outros artistas abriron cabarés en Berlín naquela época, coma o Silberne Punschterrine (Hans Hyan), o Siebente Himmel (Georg David Schulz) e o Cabaret zum Peter Hille (Peter Hille). Nin estes nin o Hungrige Pegasus duraron moito; segundo Stein, o cabaré non era para Tilke, Hille e Hyan, aínda que quizais si para Georg David Schulz, unha forma de arte á que quixesen consagrarse, senón unha solución para gañar diñeiro (197-198).
Outros cabarés importantes da época foron o Roland von Berlin, fundado en 1904 por Rudolf Nelson e Paul Schneider, onde se ofrecían pequenos espectáculos basados en cancións e couplets, ou o Chat Noir, fundado tamén por Nelson en 1907 e inspirado no orixinal parisino (ver Reinhardt 2013).
Marlene Dietrich
"Son Lola a descarada, a nena mimada, e teño en casa unha pianola. Son a pícara Lola, os homes adóranme, pero ninguén toca a miña pianola", canta Marlene na famosa canción "Ich bin die Fesche Lola" (Son Lola a descarada), que escoitamos en O anxo azul.
https://musicadecomedia.wordpress.com/2014/10/06/marlene-dietrich/
Follies Bergere
Este cadro de Manet (1881) representa a unha camareira do Follies Bergere.
En primeiro termo vemos o champán, e no espello as grandes arañas que dan unha idea do glamour.
Aquí actuaron Chaplin - nun programa de variedades con música lixeira, ballet, mimo e acrobacia-, Stan Laurel, o pallaso Gröck, Loie Fuller, Edith Piaf ou Sinatra.
Arriba á esquerda vemos as pernas dun trapecista.
As Ziegfield Follies créaronse a imitación do Follies Bergere.
Diferentes números dun cabaret contemporáneo en París
Pequeno docu sobre os cabarets na Belle Epoque
Número de cabaret cun cabalo
O imaxinario actual do cabaret vs. o que realmente foi
4. Conclusión
A visión xeral que temos do cabaré alemán está, coma ben di Jelavich (1996: 1) moi influenciada polas películas Der blaue Engel e Cabaret e polas cancións de Bertolt Brecht e Kurt Weil. Asemade, o neoburlesque actual, está baseado case exclusivamente no erotismo da tradición estadounidense e non no cabaré orixinal.
No traballo de Ana Luna vemos, a través da explicación dos inicios do cabaré en Alemaña, a súa complexidade, a súa variedade, e as súas orixes, moi diferentes do que vemos nesas películas e no neoburlesque actual.
O cabaré sufre xa variacións no seu paso, en poucos anos, de Francia a Alemaña e posteriormente a moitos outros países. Este é un claro exemplo de como a arte pode ser universal, e ao tempo empaparse do sabor local, da cultura e tradición dun país ou incluso dunha cidade concreta. Nun mundo no que os espectáculos son con cada vez maior frecuencia simples produtos de consumo, fórmulas que se repiten para obter o mesmo éxito en contextos totalmente diferentes, coma ocorre coas franquicias dos musicais, resulta refrescante volver ás raíces e observar como unha fórmula similar pode ter éxito sen ser exactamente igual.
Por outra banda, o cabaré, e especialmente o cabaré alemán na era de Weimar, foi un espectáculo no que as mulleres puideron comezar a cobrar protagonismo, a escoitar, a dicir e a ser as cousas que non se lles permitía na vida diaria. De feito, segundo Smith (2013: 130), ao final da Primeira Guerra Mundial tres cuartas partes do público dos cabarés de Berlín eran mulleres.
Por último, a sátira política segue a estar de plena actualidade, se ben xa se dubidaba na Alemaña guillermina sobre a súa efectividade para mobilizar á poboación, coma discuten tanto Jelavich coma Stein.
Bibliografía
http://www.kabarett.es/locales/locales.html
http://www.kabarett.it/
Appignanesi, Lisa. 2004. The Cabaret. Edición revisada e expandida. Yale University Press.
Bierbaum, Otto Julius. 1900. Deutsche Chansons (Brettl-Lieder). Ein Brief an eine Dame anstatt einer Vorrede. Online <https://www.uni-due.de/lyriktheorie/texte/1900_bierbaum.html>
Jelavich, Peter. 1996. Berlin Cabaret. Harvard University Press. Online <https://books.google.es/booksid=_SqoSIrvUKcC&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false>
MacDonald, Malcolm. 2008. Schoenberg. Capítulo 2. Oxford University Press. Online <https://books.google.es/booksid=VsaFwzCMNa4C&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false>
Reinhardt, Attilio. 2013. Kabarett.it. Le notti berlinesi ai tempi di Weimar. Sección: Luoghi. Online <http://www.kabarett.it/category/luoghi/> 24-11-2016
Rusiñol, Santiago. 1894. Desde el molino. Online <http://taller.iec.cat/ocsr/documents/docs_pub/10.pdf>
Stein, Roger. 2007. Das deutsche Dirnenlied: literarisches Kabarett von Bruant bis Brecht. 2a edición. Böhlau Verlag Köln Weimar Wien. Online <https://books.google.es/books?id=_CsgODzwrXcC&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false>
Smith, Jill Suzanne. 2013. Berlin Coquette: Prostitution and the New German Woman, 1890-1933. Online <https://books.google.es/booksid=1a8PAwAAQBAJ&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false>