As artes do movemento son aquelas disciplinas artísticas que se enfocan na expresión corporal e o movemento, como a danza, o teatro físico, o circo, o parkour, o mimo, entre outras.
Estas artes utilizan o corpo como medio para transmitir emocións, ideas e sensacións a través da xesto, do ritmo e da coordinación. Ademais, adoitan combinar elementos doutras disciplinas artísticas como a música, a literatura e as artes visuais para crear espectáculos completos e multidisciplinarios.
Moitas veces o termo danza inclúe ás artes do movemento. Por exemplo, o arquivo online da danza contemporánea en Galicia, do investigador e xestor cultural Manu Lago, comprende fundamentalmente o ámbito que adoitamos denominar "Artes do movemento". Inclúe compañias como Matarile, pero tamén inclúe, por exemplo, Nova Galega de Danza. Da mesma maneira, esta tese sobre danza na época romana inclúe desde as danzas das cortesanas ata a pantomima, pasando pola danza teatral ou as danzas relixiosas. Outras veces sucede á inversa, e o termo artes do movemento inclúe a danza.
Tanto na danza como no movemento fálase do estudo da expresividade. Na danza fálase de calidade do movemento, en cambio no movemento denomínase comunicación non verbal do corpo. Ambos parten dun punto en común, que é a busqueda da expresión, pero pártese desde sitios diferentes: a danza busca a calidade do movemento no que se está a facer. Pola contra, o movemento dalle máis importancia ao corpo en si, non tanto ao que está a facer.
Comparten o punto de partida na creación escénica/coreográfica xa que ambos utilizan ferramentas técnicas. Denominámos técnica á “maneira específica de aplicar determinados coñecementos (ciencias, artes, etc) a través dun proceso e dun conxunto de recursos dispoñibles”.
Tanto no movemento como na danza é imprescindible a análise do que se fai, con dúas diferenzas importantes: a) en movemento búscaselle un significado ao que se fai, e b) en danza esta análise realízase dun xeito diferente en diferentes escolas.
En ambas disciplinas se fala de consciencia corporal, denominamos esto como “proceso dinámico e interactivo polo que se perciben os estados, procesos e accións que suceden no corpo, tanto a nivel interoceptivo e propioceptivo”. Isto é algo fundamental en ambos, xa que se o intérprete non ten a consciencia corporal necesaria non poderá executar os movementos ou pasos correctamente. Por exemplo, pode pasar que ao non termos a suficiente consciencia corporal pensemos que mentras camiñamos polo espazo imos dereitos, pero en realizade levemos a columna curvada cara diante.
Termos empregados en ambas disciplinas: ritmo, espazo, focos. Estos termos son importantes en ambas xa que son elementos imprescindibles, por exemplo o ritmo, a danza basease no ritmo e en movemento o ritmo tamén é importante xa que axuda a encontrar novas cousas. O espazo é algo común pero ten unha pequena diferenza, o espazo na danza simplemente se refire ao espazo que o bailarín ten para moverse. En cambio, en movemento non so ten que ver co espazo que o intérprete ten para moverse, senon que atopamos diferentes tipos de espazos como pode ser a kinosfera, que é o espazo que se constitue ao redor do corpo do intérprete sen que este se desprace. Algo característico de este tipo de espazo é que a kinosfera desprazase por un espazo máis amplo, xa que é sempre o que rodea o intérprete.
Terminoloxía específica en ambas. En danza fálase da terminoloxía de certo estilo de danza (por exemplo, no ballet o nome de diferentes movementos como plié, relevé, developpe, etc) que serven para coñecer os básicos da técnica de ese estilo de baile en concreto. No caso de movemento é outro tipo de terminoloxía que se emprega para falar de aspectos que conforman todo o que ten que ver co movemento (por exemplo, kinosfera, fender, teclear, etc).
...
Nun sentido amplo, as artes do movemento son todas as artes audiovisuais, ou sexa, performativas, xa que unha clasificación tradicional das artes consiste en:
Artes Visuais (espaciais): pintura, fotografía, arquitectura, escultura...
Artes Auditivas (temporais): música, Poesía, Literatura...
Artes Audiovisuais (espazo – temporais: do movemento): teatro, a danza e o cine son artes do movemento.
Na Feira de Teatro Galicia Escena Pro 2023 tivemos ocasión de comentarlle á Coordinadora da Feira, María Paredes, e máis á coreógrafa e bailarina Carlota Pérez que estabamos tentando establecer a diferenza entre Artes do Movemento e Danza. De entrada ambas quedaron perplexas. Dixo unha: "Non é fácil" e dixo a outra "non, non é fácil". E a continuación dixeron ambas: "e iso a quen lle interesa?" Respondimos que nos interesa a nos, ao ámbito académico. O profesional das artes escénicas non se preocupa destas cuestións.
A nivel intuitivo é obvio que a pavana, o ballet ou o tango son danza, e que o mimodrama, a expresión corporal ou as estatuas vivintes son artes do movemento. A través da análise de casos extremos como os que referimos poderemos establecer as diferenzas entre danza e movemento, se ben o que máis abunda actualmente é a hibridación entre ambas e coa arte dixital, a interpretación, a performance e outras.
En termos xerais poderiamos dicir que a danza enfócase na obtención dun resultado artístico e técnico, mentres que o movemento expresivo enfócase na conexión e a exploración persoal a través do movemento. Ou sexa, no proceso, no movemento como medio para explorar e expresar emocións, pensamentos e sensacións.
A danza caracterízase pola execución de movementos específicos e técnicos que seguen un patrón establecido, mentres que as artes do movemento se centran na liberdade de movemento e a exploración persoal da expresión corporal. A danza tamén adoita ser máis formal e estruturada, mentres que o movemento expresivo pode ser máis improvisado e espontáneo. Ademais, a danza profesional realízase nun contexto de presentación pública, mentres que o movemento pode ser un exercicio persoal ou grupal nun ambiente máis íntimo.
....
A diferenza entre danza e artes do movemento é absolutamente convencional. Ou sexa, o mesmo que levamos dicindo todo o curso en relación á diferenciación entre ópera e zarzuela, ou circo e novo circo, etc. Débese a un proceso histórico de desagregacion das artes, o mesmo proceso polo que da ópera primixenia de 1600 acaban desagregándose a opera comique, a opera buffa, a opera ballet, etc.
No caso da danza e das artes do movemento proceden ambas dun tronco común nas culturas prehistóricas que poderiamos denominar "cultura corporal", que comprendía as artes circenses, as artes marciais, o adestramento militar, a acrobacia, o mimo, a danza, etc. Xa chegados á antiga Grecia, vemos que se xuntaba sen distinción á poesía (e o canto coa palabra), a música instrumental e a danza como unha arte unitaria, algo que segue a suceder na tradición clásica oriental (India, China, etc.)
Se cadra sería máis acaído comparala coa diferenza entre circo e novo circo: cando dicimos "novo circo" manifestamos a nosa fe no progreso nas artes (?!) xa que fai referencia a un termo anterior que comprende as artes circenses deselvolvidas nun espectáculo en recinto cerrado e circular, frecuentemente unha carpa. Trátase dun espectáculo fragmentado e con animais ao vivo. Estas caracteristicas opoñense as do novo circo.
Ainda mais acaida é a diferenza entre artes escénicas e artes vivas. As segundas correspondense coas artes escénicas logo do xiro performativo. Neste caso, dase a circunstancia de que ás veces se inclúen as artes escénicas nas artes vivas, e viceversa. Ou sexa, o mesmo fenómeno que se da entre a danza e as artes do movemento.
Executar con destreza os movementos básicos das técnicas de danza para poder aplicalos na búsqueda do movemento. (obxectivo da disciplina Danza na ESAD)
Preparar o corpo como ferramenta de traballo corporal (obxectivo da disciplina Movemento Expresivo na ESAD)
Potenciar as capacidades creativas e expresivas do corpo.
Reforzar o coñecemento e emprego da linguaxe específica en danza
Estudo das técnicas e das diferentes escolas en expresión dancística.
Aspectos básicos e comúns ás diferentes técnicas de danza (enfoque analítico e académico)
Coñecer e empregar correctamente a terminoloxía propia da danza.
Conciencia do corpo por medio da vivencia [persoal] do movemento.
Emprego das ferramentas técnicas na creación escénica [creación vs. escolas]
Análise do movemento e da súa significación (enfoque holístico e filosófico). Sensibilización psicosomática.
Facultar para a creación e interpretación de partituras de movemento
NOCIÓN: Movementos específicos e técnicos que seguen un patrón establecido.
HISTORIA: Xa a principios do século XV Doménico de Piacenza e Xulio "O hebreo", escriben senllos tratados nos que establecen as regras básicas de danzar:
A medida ou proporción, concepto fundamental no pensamento renacentista.
A memoria dos pasos e das liñas a seguir no chan.
A habilidade para realizar o movemento armoniosamente dentro do espazo dispoñible.
MÚSICA: A danza é unha arte vinculada á música. A danza ata 1900 entendíase vinculada á música, e referímonos a todo tipo de danza: ballet, folclórica, popular, etc.
A danza segue a estar indisolublemente unida á música e á interpretación. Hai un caso extremo disto: a danza oriental.
CÓDIGOS PÚBLICOS: Na danza as regras, os códigos, son públicas, e nas artes do movemento son subxectivas. Códigos públicos e compartidos son tanto os do hip-hop coma os das danzas orientais.
XÉNEROS: Derivado do anterior está o feito de que podemos identificar xéneros e estilos (tango, ballet romántico, etc.)
A identificación xenérica ou estilística é básica para que o público asista ao espectáculo. O espectador clasifica a experiencia estética nun dos estilos definibles
CARACTERÍSTICAS DO PERFORMER: A fasquia dun bailarín profesional é perfectamente recoñecible. Isto vale para a danza clásica, pero tamén para danzas folclóricas, danza deportiva ou danza oriental. Hai un corpo extracotiá e modificado.
PROCESO/RESULTADO: Na danza o importante, a finalidade, é o resultado.
ADESTRAMENTO: Isto trasládase ao adestramento, de maneira que o adestramento en danza é moi técnico.
O adestramento profesional en danza comeza de moi cativos
A CONSCIENCIA DA EXPRESIVIDADE búscase na danza a través dos pasos que o interprete está a facer, A expresividade está en función duns patróns, é dicir, da danza mesma
CALIDADES DO MOVEMENTO: En danza atopamos forza, resistencia, velocidade e flexibilidade.
TIPOS DE EXERCICIOS: en danza observamos exercicios como técnica de barra, centro e chan, xiros, saltos e técnica de contemporáneo (todos estos exercicios serven para poder realizar con control unha coreografía de contemporáneo completa, xa que adoitan ter saltos, xiros, partes no chan, etc.)
NEUTRALIDADE: O concepto de neutralidade refírese a colocación do noso corpo de maneira que non indique ningunha característica. Na danza este concepto non se manexa.
TÉCNICA: en danza existen técnicas de diferentes escolas, do ballet ao hip hop. En danza fálase de técnica de barra, técnica básica, técnica de contemporáneo... En calquera caso, en danza a ocurrencia da palabra técnica é moi superior a que se da en movemento.
FINALIDADE: En danza o corpo adéstrase para bailar.
ESTILO: Dentro da danza atopamos o concepto estilo, o cal non vemos mencionado en ningún momento no movemento. Dentro da danza hai diferentes ramas que non necesariamente están conectadas entre elas. Na danza atopamos diferentes estilos que nos fan diferenciar O que se está a bailar, que se pode identificar facilmente polas diferentes características de cada estilo (técnica, música etc).
A SENSIBILIZACIÓN PSICOSOMÁTICA é un concepto que non se manexa en danza. Relativo á sensibilización, a danza está máis enfocada en acadar resultados, por exemplo, dar feito unha pirouette (un xiro completo sobre unha perna de apoio) que se emprega no ballet, na danza contemporánea ou no jazz. E, en relación ao psicosomático ou psicofísico, a danza está centrada na técnica do corpo. A cuestión psicolóxica é secundaria.
Enfócase na liberdade de movemento e a exploración persoal da expresión corporal.
HISTORIA: O camiño das artes do movemento no século XX e XXI foi o dunha paulatina desagregación da música para crear unha arte pura, independente.
MÚSICA: As artes do movemento enténdense como independentes da música. Paradoxalmente as artes do movemento son de natureza híbrida: mestúranse coas artes plásticas, coa performance, co teatro, co dixital...
CÓDIGOS SUBXECTIVOS: As artes do movemento seguen a evolución da arte moderna: os seus códigos son subxectivos, e por tanto non necesariamente compartidos polo espectador, o cal provoca un afastamento do público.
XÉNEROS: "Na actualidade é difícil pensar na arte (do movemento) dalgún modo que non sexa en termos de artistas individuais, e mesmo de obras individuais. Isto é debido a que a noción de movemento perdeu o seu sentido, dándose unha concorrencia plural de conceptos" STANGOS, NIKOS. Conceptos de arte moderno. Alianza Forma. Trad.: Joaquín Sánchez Blanco. Madrid, 1991
Cando o espectador non é quen de clasificar a experiencia estética, a obra entra no caixón de xastre do raro ou estraño, porque non podemos definilo como pertencente a un estilo, a unha norma. (en El código de la danza como norma, de Carmen Giménez Morte, 2003)
Afirma Manu Lago que "parece que somos quen de cantar Beyoncé sen ter nin idea de inglés pero somos incapaces de deixarnos levar por un espectáculo de danza, onde cada un pode entender o que e como lle veña en gana". Coidamos que a comparación debería estar entre os xéneros pop e soul nos que transita Beyoncé e os xéneros dancísticos recoñecibles. En calquera caso non é comparable un fenómeno de cultura de masas cun fenómeno minoritario e elitista como a danza contemporánea.
CARACTERÍSTICAS DO PERFORMER: A fasquia dun performer en artes do movemento non necesariamente resulta recoñecible.
PROCESO/RESULTADO: O movemento é un proceso. É máis un medio para profundizar na expresion e emocións do corpo, que un fin en si mesmo.
ADESTRAMENTO: Polo contrario, o adestramento en movemento está baseado máis na improvisación libre.
O adestramento en movemento comeza coa maioría de idade.
CONSCIENCIA DA EXPRESIVIDADE: en cambio en movemento fálase do significado do corpo. No movemento outórgaselle importancia sobre todo ao corpo do intérprete e ao que isto expresa
CALIDADES DO MOVEMENTO: En movemento atopamos o peso, espazo, tempo e intensidade.
TIPOS DE EXERCICIOS: En movemento observamos exercicios para coñecer e explorar a expresividade do noso corpo
NEUTRALIDADE: Co movemento dos nosos corpos podemos chegar a construir un personaxe (formas de camiñar, de facer diferentes accións como sentar, por exemplo, etc).
TÉCNICA: En movemento fálase de técnica expresiva para a creacion escénica.
FINALIDADE: En movemento adestrase o corpo para o traballo actoral. Partindo do movemento (utilizando diferentes elementos propios do movemento como son as 8 accións básicas do esforzo, modos de movementos, etc) pódense crear diferentes personaxes, que, sen dicir nada, expresen características deles (o seu estado anímico por exemplo). En danza o corpo adéstrase para bailar.
ESTILO: en movemento todo está conectado xa que se utilliza todo para un mesmo fin
En Movemento fálase de SENSIBILIZACIÓN PSICOSOMÁTICA, un concepto que non se manexa en danza. A cuestión psicolóxica no movemento é central.
As artes do movemento participan das artes circenses, do traballo de máscara, dos obxectos, da danza. Estas mesmas fontes nutren tamén o traballo de comedia física que vemos noutra sección desta web.
Non é habitual que as artes do movemento e a comedia física se mesturen, aínda que parten das mesmas técnicas.
El director, Jaime Pablo Díaz, formado en danza en la Royal Academy of Dancing, en la Escuela de Danza y Música de Galicia y en el Conservatorio Profesional de Danza de Madrid.
min. 00:40
"La estatua humana o viviente es una expresion artistica proveniente del arte de la pantomima corporal y gestual (...) ha tenido su evolución desde sus urgimiento hasta que los grandes maestros franceses Etienne Decroux y Marcel Marceau investigaron y diseñaron una técnica que engloba la respiración, la concentración, la pantomima gestual, el quilibrio, la armonía y la circulación de la energía." Paula Noviel e Merce Ocaña: "Que es una estatua viviente", en Estatuas Humanas, arte en la calle. Subastas siglo XXI, Madrid, 2010.
Etienne Decroux e Marcel Marceau pensaron estas dramatículas (porcion minima dunha obra de teatro) como unhas escenas de pantomima xestual que unidas conformaban unha peza de teatro para sala.
É un modelo de artes vivas, artes do corpo, facer da nosa vida unha obra de arte, performance, teatro de rua.
Neste video temos a Jerome Murat, sucesor de Marceau e do marionetista Philippe Genty, facendo o seu número de estatua vivinte.