Adestramento de bufón

Escola de Bufóns é un texto de Michel de Ghelderode que puxemos en escena nos anos 90¨. Era un espectáculo de teatro, no que nos representabamos os personaxes de bufóns.

Foi un fracaso artístico, comercial e económico malia ser o espectáculo no que investimos máis cartos e esforzos: case un ano enteiro adestrando.

A petición dos nosos alumn@s imos verquer aquí as nosas reflexións sobre o adestramento de bufón. Non son reflexións sobre a certeza de como se adestra o bufón, senón sobre o fracaso do noso adestramento sobre o bufón.

...

O clown é unha técnica actoral, que ademais debe nutrirse do traballo de máscara, do mimo, da acrobacia, do slapstick e dalgunhas outras técnicas que se poden aprender.

Todas estas técnicas poden nutrir da mesma maneira ao bufón. Son técnicas moi concretas que, insisitimos, pódense ensinar e aprender.

Pero existe unha maneira específica de adestramento do bufón, da mesma maneira que si que existe un adestramento específico de clown?

Ser un bufón / Facer de bufón

Realidade e ficcion na bufonería:

Dito isto, tamén é certo que:

Deixamos aquí un video de Redbastard que, se cadra, contradí o que afirmamos na columna do lado. 

Pero na nosa opinión, non é un bufón, senón un clown: o humor que fai é branco, a xente esmendréllase de risa con, él porque todo é de mentira e o saben. O propio artista define o seu espectáculo como "Animación de rúa". 

Botargas e próteses

O adestramento de bufón faise habitualmente a partir da deformación do propio corpo con botargas e próteses. Na nosa opinión non funciona: o bufón, como xa dixemos na páxina Clown vs. Bufón non é un personaxe ficcional. Desde o momento en que nos decatamos de que ese ser deforme é de mentira, deixa de interesarnos como bufón (ainda que pode interesarnos como clown).

Como afirma Shin Chan na súa canción, o bufón é alguén especial, que "produce medo á xente cando o ve de repente". É necesario que o personaxe sexa de non-ficción, que produza un impacto, un noxo, un atractivo real. O bufón por tanto é unha persoa (non un personaxe) revirada (coma Ricky Gervais) ou ben cun corpo non normativo.

Paralelismos co adestramento do clown

O interrogatorio: a autoridade

os coros de clowns

os duelos de clowns


Vandalismo interaccional

Exemplificado por Giddens (2006) desta maneira:

las interacciones que se producían entre hombres negros -muchos de ellos indigentes y alcohólicos- y mujeres blancas que pasaban junto a ellos en la calle. Frecuentemente los hombres intentaban iniciar conversaciones con ellas después de llamarlas, lanzarles piropos o preguntarles algo. Aunque los comentarios de los hombres no suelen tener un tono hostil, las mujeres tienden a acelerar el paso y mirar fijamente al frente. 

En xeral, subvertir as regras da interacción social conforme as regras de Goffman tamén pode ser unha forma de vandalismo interaccional: Ver INTERACCIÓN SOCIAL E VIDA COTIÁ na parte de Teoría dos Espectáculos. Un exemplo disto sería a interacción que establecía Tonino no programa de TV Caiga quien caiga, no que entrevistaba a políticos e famosos e logo de que respondían el quedaba calado creándose un silencio incómodo.


O bufón contra o sagrado

O sagrado depende do contexto: no entorno dunha escola de teatro, onde a maioría dos asistentes non se preocupan demasiado por Deus nin por a relixión, estes non son sagrados. Pero nese contexto, e tendo en conta o perfil do estudante de teatro, si poden ser sagrados conceptos da "guerra cultural", como por exemplo as teorías sobre a raza (Black Lives Matter, etc.), o feminismo (movimiento Me Too), animalismo, inmigracion, o xénero, transxenero, etc.

Entendemos por "sagrado" por tanto aquilo sobre o que non se admite discusión. Deste xeito, da mesma maneira que o crente sabe que deus existe, o nacionalista sabe que o seu país (Galicia, Bosnia, España...) é unha nación. Non ten sentido debater sobre estas cousas, porque non hai dúbidas, hai certezas. Son sagradas. Por tanto son un bo estímulo para un bufón.

O bufón atenta contra iso que Appiah denomina "as mentiras que nos unen": Xénero, relixión, raza, nacionalidade, clase e cultura. A tese de Appiah é que eses conceptos configuran a nosa identidade colectiva. A identidade é necesaria para o ser humano. É necesario sentirse parte dun grupo social, de algo máis grande que un mesmo. Pero é perigoso, porque se esquecemos que a identidade so é unha ficción, pode derivar en conflito. "A idea mesma da cultura occidental é un espellismo cegador (...) non existe unha esencia asociada a unha determinada identidade social que explique por que as persoas son como son.

O bufón atenta contra o sagrado. Poñamos alguns exemplos:

Shin Chan

O sagrado no contexto do sobreprotexido publico infantil ocidental e da tradicional sociedade xaponesa:

Caiga quien caiga

O sagrado na  Transición: o Rei Juan Carlos, personaxe intocable.

CQC foi un programa de TV de preguntas incómodas. Entrevistaron a Camilo José Cela preguntándolle se seguía opinando que o premio Cervantes estaba cuberto de merda como afirmara cando aínda non llo deran. Pero non pasou nada. O programa seguía a ter baixa audiencia. Pero cando Pablo Carbonell conseguiu que o Rei puxera as gafas distintivas do programa o programa pasou a ser un éxito.

Flamencos abertzales

Un caso de bufonería que atenta contra a raza e o nacionalismo.

Tribos: de ionquis, de perroflautas, de discapacitados, de inmigrantes ilegais...

Propostas de adestramento

Traballo individual

En grupo 

Un error: pensar que el bufón tiene que ser gracioso todo el tiempo. El bufón, como el clown no tiene que ser gracioso todo el tiempo. Como dijimos en la página "clown vs. bufón", el clown deriva hacia el melodrama, y el bufón deriva hacia la tragedia. Lo que nunca puede ser es un clown trágico o un bufón melodramático.

Porta dos fundos, purgandus populus, pantomima full, Moliere... son sátiras de costumes. 

Sarcasmo no es bufonesco pq parte de posición de poder.

Psicosis, drag de Cris

Ciego hablando solo, dando bastonazos. Es tragedia. Es él destino. No puede evitar ser como es.

Chejov: maybe, que guapo soy. Boadella, 

Cobarde siempre

Sátira siempre. Síndrome de down cantando

Nunca dan pena sería melodrama.

El bufón es el choqueiro. el trabajo de máscara con carlo boso fue muy iluminador en ese sentido. lo que le pasa a jorge cuando se pone el cabezudo.

Min 24:29 a 27:24_ A visión de Leo Bassi, seguido da proposta de Gaulier para as tribos de bufóns, "o bufón non se coloca como vítima do sistema, senón que se burla diso, desa vitimización, e tamén de quen o está a excluir"

Min 1:01:51 a 1:03:03 Bufón/clochard chileno da vida cotiá

min 1:52