Algunha vez dixeches que tiñas os pés fríos, unha sensación nas tripas ou un calafrío que lle percorría a columna?
Notar bolboretas no estómago, ter un nó na garganta, que algo nos sente como unha patada na boca do estómago, que nos rompan o corazón ou que pensemos que nos vai a estalar a cabeza cando nos enfadamos moito?
A emoción é a resposta a un estímulo externo ou interno.
"Teño medo", "Síntome nervioso", "Non quero estar aquí" ou "Non estou preparado para isto", forman parte dos distintos compoñentes dunha emoción.
A primeira expresión (teño medo) describe un sentimento subxectivo de medo. Tamén pode ser de tristeza, felicidade, gratitude, rabia, sentirse ben
O segundo exemplo (Síntome nervioso) refírese ao compoñente fisiolóxico dunha emoción. Pode levarnos a chorar, sorrir, levantar o queixo, facerse pequeno, mover rapidamente os brazos arriba e abaixo. Tamén a cambios no pulso, fluxo sanguíneo, actividade cerebral
O terceiro exemplo (non quero estar aquí) indica unha tendencia á acción de evitación. Outras urxen a chorar, a achegarse
O cuarto exemplo (non estou preparado) describe avaliación da situación, incluíndo frustración e falta de poder. Outras poden ser: Pasei unha proba difícil, pasoume algo bo, acabo de perder unha ocasión, acabo de recibir un agasallo;
Intensidade
Este grao de cambio de intensidade, de moi forte a non tanto, produce a diversa cantidade de emocións que podemos sentir. Tales como:
– a confianza pasa da aceptación á admiración
– o medo pasa da timidez ao terror
– a sorpresa pasa da incerteza ao asombro
– a tristeza pasa da tristeza á dor
– o noxo pasa da aversión ao odio
– a rabia pasa da molestia á furia
– a anticipación pasa do interese á vixilancia
: a alegría vai da serenidade ao éxtase
O CARÁCTER
O personaxe de cine é fragmentado. É difícil manter o personaxe durante varias semanas e en diferentes momentos da súa peripecia. Ademais o estado mental do personaxe cambia costantemente.
O que si podemos é manter durante varios meses un carácter. En inglés personaxe dise character E a palabra personaxe procede do grego, e quere dicir máscara. As máscaras reflicten as características do personaxe: vellez ou xuventude, home ou muller, triste ou alegre, etc.
A caracterización é o proceso de creación e presentación de personaxes nunha obra.
A comedia de carácter é un xénero teatral que representa a personaxes cuxos trazos de personalidade distintivos son esaxerados e utilizados para crear situacións cómicas. Exemplos nas obras de Moliere (o avaro, o novo rico, etc.) ou nas comedias de figurón.
O carácter é un conxunto de aspectos da personalidade que son relativamente estables no tempo, difiren entre individuos (por exemplo, algunhas persoas son extrovertidas mentres que outras non), son relativamente consistentes en situacións e inflúen no comportamento.
O carácter podese dividir en forte e débil; emotivo (sinten intensamente os estímulos) ou non emotivo; activo ou pasivo; con resonancia primaria (consólanse e reconcilianse rápidamente) ou resonancia secundaria (que permanecen largo tempo afectados por algunha impresión)