Adestramento de bufón

Escola de Bufóns é un texto de Michel de Ghelderode que puxemos en escena nos anos 90¨. Era un espectáculo de teatro, no que nos representabamos os personaxes de bufóns.

Foi un fracaso artístico, comercial e económico malia ser o espectáculo no que investimos máis cartos e esforzos: case un ano enteiro adestrando.

A petición dos nosos alumn@s imos verquer aquí as nosas reflexións sobre o adestramento de bufón. Non son reflexións sobre a certeza de como se adestra o bufón, senón sobre o fracaso do noso adestramento sobre o bufón.

...

O clown é unha técnica actoral, que ademais debe nutrirse do traballo de máscara, do mimo, da acrobacia, do slapstick e dalgunhas outras técnicas que se poden aprender.

Todas estas técnicas poden nutrir da mesma maneira ao bufón. Son técnicas moi concretas que, insisitimos, pódense ensinar e aprender.

Pero existe unha maneira específica de adestramento do bufón, da mesma maneira que si que existe un adestramento específico de clown?

Ser un bufón / Facer de bufón

Realidade e ficcion na bufonería:

  • Ser bufón na vida real, coma ser actor, ou ser matemático ou xogador profesional de baloncesto require dun talento especial. No caso do baloncesto hai ademais uns requisitos físicos. No caso do bufón estes requisitos físicos non son condición necesaria pero si son importantes.

  • Cuestión aparte é "facer de" bufón, ou ser un baloncestista de ficción. Isto está á man de calquera actor. Tanto no caso do baloncestista coma no do bufón os requisitos físicos pódense obter a partir de recursos ficcionais (alzas, botargas, etc.)

  • Máis que de requisitos físicos, no caso do bufón falariamos da condición desa persoa, dunha condición da que non podemos fuxir. Que non padamos fuxir da nosa condición é un destino. É algo tráxico:

    • Condicionantes étnicos: ser xitano, negro, extranxeiro, etc. Quico Cadaval conta como él se convertiu nun bufón nunha viaxe que fixo a unha aldea de Camerún que nin sequera aparece nos mapas. As mulleres negras morrían coa risa vendo bailar a aquel home branco, por exemplo. Os galegos temos moita experiencia sobre ser bufóns para os españois. Isto sucedía adoito durante o franquismo. Coa democracia, co Estatuto de Autonomía, etc. os galegos empoderámonos, e o noso status medrou: xa non somos os bufóns.

    • O empoderamento é inimigo da bufonería: Se damos ridiculizado a unhas feministas, lograremos rebaixarlles o seu status.

    • hh


Dito isto, tamén é certo que:

  • Na Idade Media hai indicios de que existían escolas de bufóns, nas que se lles adestraba en determinadas técnicas máis ou menos circenses.

  • Unha técnica bufonesca é o vandalismo interaccional

Deixamos aquí un video de Redbastard que, se cadra, contradí o que afirmamos na columna do lado.

Pero na nosa opinión, non é un bufón, senón un clown: o humor que fai é branco, a xente esmendréllase de risa con, él porque todo é de mentira e o saben. O propio artista define o seu espectáculo como "Animación de rúa".

Botargas e próteses

O adestramento de bufón faise habitualmente a partir da deformación do propio corpo con botargas e próteses. Na nosa opinión non funciona: o bufón, como xa dixemos na páxina Clown vs. Bufón non é un personaxe ficcional. Desde o momento en que nos decatamos de que ese ser deforme é de mentira, deixa de interesarnos como bufón (ainda que pode interesarnos como clown).

Como afirma Shin Chan na súa canción, o bufón é alguén especial, que "produce medo á xente cando o ve de repente". É necesario que o personaxe sexa de non-ficción, que produza un impacto, un noxo, un atractivo real. O bufón por tanto é unha persoa (non un personaxe) revirada (coma Ricky Gervais) ou ben cun corpo non normativo.

Paralelismos co adestramento do clown

O interrogatorio: a autoridade

os coros de clowns

os duelos de clowns


Vandalismo interaccional

Exemplificado por Giddens (2006) desta maneira:

las interacciones que se producían entre hombres negros -muchos de ellos indigentes y alcohólicos- y mujeres blancas que pasaban junto a ellos en la calle. Frecuentemente los hombres intentaban iniciar conversaciones con ellas después de llamarlas, lanzarles piropos o preguntarles algo. Aunque los comentarios de los hombres no suelen tener un tono hostil, las mujeres tienden a acelerar el paso y mirar fijamente al frente.

  • Los hombres de este estudio estaban conversando de una manera técnicamente grosera por el ritmo un tanto insistente, que rompía así el orden común de la posible conversación

  • Cuando no se respetan las pistas habituales de apertura y cierre en las conversaciones, los individuos sienten una profunda e inexplicable inseguridad.

  • Otro problema aquí es que los hombres de la calle están acostumbrados a otro tipo de lenguaje e interacción, pero cuando quieren, pueden subvertir las convenciones tácitas del habla diaria de una forma que desorienta a los transeúntes.

  • Aquí entra también la influencia de la estructura social (género, clase y/o raza), pues bien el estudio puede demostrar que los hombres que les hablan a las chicas blancas aparte de ser “hombres de la calle” son negros y viven en la calle: Se alejan de ellos porque representan un peligro para su persona y prefieren evitar cualquier acercamiento.

En xeral, subvertir as regras da interacción social conforme as regras de Goffman tamén pode ser unha forma de vandalismo interaccional: Ver INTERACCIÓN SOCIAL E VIDA COTIÁ na parte de Teoría dos Espectáculos. Un exemplo disto sería a interacción que establecía Tonino no programa de TV Caiga quien caiga, no que entrevistaba a políticos e famosos e logo de que respondían el quedaba calado creándose un silencio incómodo.


O bufón contra o sagrado

O sagrado depende do contexto: no entorno dunha escola de teatro, onde a maioría dos asistentes non se preocupan demasiado por Deus nin por a relixión, estes non son sagrados. Pero nese contexto, e tendo en conta o perfil do estudante de teatro, o que si poden ser sagrados os conceptos da chamada "guerra cultural", como por exemplo as teorías sobre a raza (Black Lives Matter) e o xénero, o feminismo do movimiento Me Too, animalismo, inmigracion, transxenero, etc.

Entendemos por "sagrado" por tanto aquilo sobre o que non se admite discusión. Deste xeito, da mesma maneira que o crente sabe que deus existe, o nacionalista sabe que o seu país (Galicia, Bosnia, España...) é unha nación. Non ten sentido debater sobre estas cousas, porque non hai dúbidas, hai certezas. Son sagradas. Por tanto son un bo estímulo para un bufón.

O bufón atenta contra o sagrado. Poñamos alguns exemplos:

Shin Chan

O sagrado no contexto do sobreprotexido publico infantil ocidental e da tradicional sociedade xaponesa:

  • O autor do manga infantil Shin-Chan describese así mesmo na película como "un dibuxante de cómics ao que lle gusta ir ao baño e as mulleres delgadas". [non parece moi adecuado no contexto dun manga infantil]

  • Shin Chan adora aos travestis, nalgunha ocasión mimetizase con eles e isto é unha crítica á sociedade nipona

  • Á sua nai, Shin Chan chámalle vella, fea, monstruo do cu gordo, dille que non ten tetas, e, en xeral diríxese a ela con moi pouco respeto.

Caiga quien caiga

O sagrado na Transición: o Rei Juan Carlos, personaxe intocable.

CQC foi un programa de TV de preguntas incómodas. Entrevistaron a Camilo José Cela preguntándolle se seguía opinando que o premio Cervantes estaba cuberto de merda como afirmara cando aínda non llo deran. Pero non pasou nada. O programa seguía a ter baixa audiencia. Pero cando Pablo Carbonell conseguiu que o Rei puxera as gafas distintivas do programa o programa pasou a ser un éxito.



Tribos: de ionquis, de perroflautas, de discapacitados, de inmigrantes ilegais...


Un error: pensar que el bufón tiene que ser gracioso todo el tiempo. El bufón, como el clown no tiene que ser gracioso todo el tiempo. Como dijimos en la página "clown vs. bufón", el clown deriva hacia el melodrama, y el bufón deriva hacia la tragedia. Lo que nunca puede ser es un clown trágico o un bufón melodramático.

Porta dos fundos, purgandus populus, pantomima full, Moliere... son sátiras de costumes.

Sarcasmo no es bufonesco pq parte de posición de poder.

Psicosis, drag de Cris

Ciego hablando solo, dando bastonazos. Es tragedia. Es él destino. No puede evitar ser como es.

Chejov: maybe, que guapo soy. Boadella,

Cobarde siempre

Sátira siempre. Síndrome de down cantando

Nunca dan pena sería melodrama.

El bufón es el choqueiro. el trabajo de máscara con carlo boso fue muy iluminador en ese sentido. lo que le pasa a jorge cuando se pone el cabezudo.