Traballo académico
Actividade: confrontando o proxecto
A aula organízase por grupos de 2-4 persoas
Cada grupo dispón de 15-30min para propoñer un proxecto de investigación: titulo, obxectivos, marco conceptual, estado da cuestión, metodoloxía, aplicabilidade, etc.
A continuación circularemos polo documento "Traballo académico" e iremos contrastando cada punto dos respectivos proxectos
NOTA: é un xogo, de maneira que o proxecto pode ser imaxinativo (por exemplo: influencia do western no teatro galego contemporáneo: o caso de "Río Bravo" de Chévere), pero tamén pode referirse a o TFE real que ides facer, se así o preferides
Esquema básico dun protocolo de investigación: título da investigación, resumo, pregunta de
investigación, formulación do problema (xustificación científica, estado da cuestión, obxectivos últimos, aplicabilidade, diseminación), obxectivos de investigación (xerais e específicos), fundamento teórico, metodoloxía, tipo de deseño (bibliográfico, de campo, experimental, post-facto, cualitativo, estudos de casos, etc.), definición operacional das variables, plan de análise dos resultados, referencias bibliográficas, cronograma, presuposto, anexos.