4 Ampliación Deseño Inv 

O obxectivo do deseño de Investigación é ter un modelo de verificación

Tipos de deseño

1.- De campo - trabállase con datos primarios

2- Bibliográfico - trabállase con datos secundarios

Exemplo: cruzar datos a partir dun censo de actores. Establecer o coñecemento a partir da relación entre factores e/ou variables. 

Non existe un modelo ideal (é unha abstracción)

Deseño bibliográfico vs de campo

Deseño Bibliográfico:

Vantaxes: podemos analizar unha ampla gama de fenómenos tanto no espazo (patróns comúns entre a parateatralidade galega e o o teatro oriental) como no tempo (evolución da posta de escena de Shakespeare desde o Renacemento ata a posmodernidade)

Desvantaxes: As fontes documentais son datos, pero eses datos hai que interpretalos. A interpretación pode ter nesgos (cando só contamos cuns datos pero desbotamos outros que non nos conveñen), ou incluso os datos poden ser directamente falsos. (exemplo de bases falsas: reconstrución carteleiras ou EDG)

Tempo: estudos históricos

Deseño de campo

Vantaxes: Precisión e seguridade nun sector pequeño da realidade

Desvantaxes: Reducido alcance por restriccións de espazo e de tempo

Deseño experimental

 • Exemplo da física: Tomar unha barra de ferro e sometela a calor, presión, etc.

 • Supoñamos que nos interesara medir o efecto da práctica do teatro sobre a inserción social dun grupo de exclusión (inmigrantes, drogadictos, sen teito...).

        ◦ a) Antes e despois cun so grupo: mediríamos a inserción social antes do experimento e despois do experimento (que pode consistir en introducir o estímulo da práctica do teatro).  Desventaxa: as modificacións na variable (inserción social) poden ter orixe noutras variables (que o experimento se fixera en época de crise, por exemplo)

        ◦ b) Medir o efecto da práctica do teatro sobre a inserción social dun grupo de exclusión so despois e con dous grupos: un grupo será o grupo experimental e o outro o grupo de control (que non recibe o estímulo). Os dous grupos serán o mais semellantes posibles. Non se realizan medicións antes do estímulo.

        ◦ C) Medir o efecto da práctica do teatro sobre a inserción social dun grupo de exclusión antes e despois cun grupo de control. É a combinación dos dous anteriores.

Experimento post-facto

Enquisas

Dous casos:

        ◦ Censo: cando recabamos información de todas as persoas. So as pode facer o Estado pola dificultade material que implica a súa realización.

        ◦ Mostra: escollemos unha parte significativa de todo o universo. As conclusións que se obteñen proxéctanse á totalidade do universo, tendo en conta que existe unha marxe de error.

Vantaxes

Cto primario, non mediado, máis obxectivo.

Cto cuantificable: medición=>precisión e rigor.

Método económico e rápido.


Desventaxas 

É estático: unha imaxe instantánea. Pero non nos indica as tendencias á variación. Isto reduce a súa eficacia predictiva. 

Recolle so a visión que a xente ten de si mesma: non o que fan, sinten ou cren, senón o que cren que fan, sinten ou cren.

O punto de vista é o do investigador, non o dos actores. Non é apta para recoñecer as relacións sociais: interpersoais ou institucionais.

O tratamento a info é estatístico: a todas as respostas se lle da igual peso relativo. Isto non se corresponde coa realidade.

O panel


É unha sucesión de enquisas, unha enquisa repetida para a mesma mostra, na que observamos a evolución das respostas. Deste xeito podemos coñecer as tendencias das variables estudadas.

    • Dous problemas:

        ◦ Mortandade do panel: a mostra vaise reducindo porque os entrevistados deixan de participar por traslados, morte, etc. Ao reducirse os entrevistados aumenta o erro mostral.

        ◦ Saturación do panel: rexeitamento progresivo por parte dos entrevistados, que cansan das mesmas preguntas e responden con mala vontade ou con estereotipos. Aumenta o erro mostral.

Deseño cualitativo


É o método dos antropólogos. Consiste en abordar aos problemas do suxeito no seu medio social.

Un dos seus problemas é que ás veces as investigacións realizadas resultan apresuradas e pouco sólidas, e unha das súas vantaxes é que é unha forma de que a comunidade cfca explore en profundidade á sociedade. 

O deseño cualitativo non é máis fácil de desenvolver que os outros deseños, xa que esixe controlar a propia subxectividade, avaliar as respostas con coidado e incorporar moitos coñecementos previos para poder interpretalas.


Fases deseño bibliográfico


    • A) explorar fontes:

        ◦ Libros, artigos, hemerotecas, internet.

        ◦ Consulta directa a especialistas

    • B) ler todas as fontes (non completamente)

    • C) recolleita de datos (en fichas, en excel)

    • D) esquema e categorización

    • E) comparación fichas (concordancia e oposición)

    • F) conclusións (coidado con tomar so os datos que nos conveñen para a nosa hipótese ad hoc)

Estudos de casos


Consiste no estudo profundo dun ou poucos obxectos de investigación. Isto proporcionará cto sobre o fenómeno en xeral, ou, polo menos, ofrecerá unha perspectiva que orientará unha pescuda posterior máis sistemática.

A desventaxa é a imposibilidade de xeneralizar  a toda a comunidade os resultados. A ventaxa é a simplicidade e a economía. 

Son interesantes:

    • como estudos exploratorios (tit sobre a recepción), ou ben 

    • para ubicar o noso caso nun marco teórico preestablecido  (¿qué tipo de sala é a Sala Iago: de teatro alternativo ou teatro convencional?), ou ben

    • se o interese do investigador é de feito un único obxecto de estudo: a Escola Dramática Galega, ou Ditea.

Criterios para a selección de casos:

 • Que sexan típicos: a expresión do tipo ideal dentro do marco teórico.

  • Que sexan extremos en relación con determinadas variables (p. ex., tomar unha compañía de creación recente e outra moi veterana). A ventaxa é que tomaremos conciencia dos límites entre os que se moven as nosas variables (por exemplo, o nivel de formación actoral pode estar en relación coa antigüidade).

    • Tomar casos marxinais: consistiría en tomar un caso marxinal ou desviado da norma e contrastalo cun caso típico co obxecto de definir o caso normal (no sentido de que sigue a norma). Por exemplo, tomar o caso dun actor que rexeite traballar no audiovisual, na dobraxe ou en calquera outro medio que non sexa o teatro e contrastalo co caso dun actor típico galego. Ou tomar o caso dunha compañía que rexeite traballar con subvención e contrastalo cunha compañía típica.

    • Que sexan significativos: o caso de carambola e lagarta, lagarta.