2 Investigación en Artes Escénicas

2. A realidade social, cultural e artística como fonte de problemas de investigación. Trazos específicos da investigación escénica.

2. 1. Liñas e ámbitos de investigación en artes escénicas. Aspectos básicos.

2. 2. A investigación en interpretación.

Neste tema vamos diferenciar entre a investigación en AA.EE. dirixido á obtención dun doutorado universitario e a investigación necesaria no dia a dia do traballo dos profesionais das AA.EE., dirixido ao desempeño profesional.


Inv. académica ou universitaria

No tema anterior concluímos que existe a investigación académica en artes, como en calquera outra disciplina. Para que dita investigación sexa validada como científica so ten que seguir o método científico: revelar todas as fontes documentais e permitir contrastar a información, revisión inter pares, marco teórico, estado da cuestión, etc.

O asunto a investigar non é relevante. Tomemos un tema moi científico, por exemplo, os minerais. Se os abordamos desde o punto de vista da Xemoterapia ... Agora tomemos un tema tan pouco científico como a vida cotiá...

Insistimos: ciencia é aquilo que sigue o método científico.

A especificidade da Inv. do profesional das AA.EE.

Os profesionais que nos dedicamos á ficción necesariamente investigamos para xenerar os nosos propios materiais. O proceso do dramaturgo, do guionista, do narrador oral e do novelista non é moi diferente, e está baseado en boa medida na documentación. Hai espectáculos e textos nos que a documentación histórica é imprescindible e exhaustiva: teatro documental, true crime, novela histórica, repertorio tradicional de contos... Hai outros nos que a investigación documental se centra máis nas formas. Por exemplo en Historias Peregrinas, de MIguel Anxo Murado, o autor confesara que tomou o encargo de Teatro do Noroeste como un reto: o de enfrontarse á carpintería teatral, ou sexa, o de construir unha peza manexando toda caste de recursos e efectos de teatralidade e dramaticidade que son propios do oficio de dramaturgo. Para acadar este fin obviamente tivo que estudar as formas que obran en dita carpintería. O mesmo podemos dicir dun guionista cando trata de cinguirse ao paradigma, ou dun narrador como Quico Cadaval cando asume o reto da narración dun conto oriental, ou dun cantautor como Jorge Drexler cando aborda o traballo de compoñer en décimas, etc.

O caso dos performers ou executantes é bastante similar. Se o actor ten que encarnar un personaxe histórico ou da vida real terá que documentarse exhaustivamente, aínda que a finalidade non sexa necesariamente é convertirse exactamente nese personaxe. A ficción ten as súas propias regras, e unha delas é que traballamos co imaxinario do espectador, non coa realidade (o bigote de Franco). Tamén hai condicionantes como os valores de produción (pode ser necesario para a produción que o actor non desapareza no personaxe). En definitiva, a nosa fidelidade é co guion e co director/produtor, non coa realidade. Relativo á investigación nas formas, un caso moi claro é o do humor: os grandes cómicos foron con frecuencia importantes investigadores no seu campo, xa que a comedia é un ámbito moi técnico (a retranca, os construtores de gags, etc.). 

Ademais deste tipo de investigación documental a través de videos ou libros, é importante tamén a investigación cualitativa na vida real. Un guionista-dialoguista ten que estar pendente constantemente do xeito de falar de todo tipo de persoas de distintas cidades, rural/urbano, rico/pobre, idades, épocas, etc. E adaptar esa realidade ao imaxinario do espectador.Tamén o actor deberá entrevistarse e observar persoas e situacións da vida real, e mergullarse na atmosfera que demanda a ficción na que vai traballar (o caso de Nada de Carmen Laforet: a cidade, a casa, o piso...). O mergullo na atmosfera é fundamental na interpretación actoral: hai quen chega a el a través de lecturas de xénero (de terror, por exemplo), da música, da vivencia de situacións idénticas ás dos personaxes, etc.

No caso dos escenógrafos (e iluminadores, sonidistas, vestiario, constutores de máscaras, etc.), ademais das anteriores, a investigación sobre os materiais, técnicas e tecnoloxía é fundamental. Tamén hai no seu caso un traballo profundo de documentación.

Por último, no caso dos directores, idealmente deben de manexar todas as técnicas e estratexias dos anteriores para poderen dialogar con eles.

En todos estes traballadores do espectáculo dase unha mesma premisa: o concepto da man que pensa. Isto quere dicir que a investigación non debe ser algo que realicemos dentro da nosa cabeza. O constructor de títeres debe estar manexando desde o primeiro momento os materiais coas súas mans, e , ao mesmo tempo facendo anotacións ou deseños nun papel.  Da mesma maneira que investiga un carpinteiro ou un escultor. 

Dito isto, tamén debemos aclarar que tamén hai quen realiza a investigación dun xeito informal. Entre os extremos de Lina Morgan ou Tony Leblanc, que estiveron mergullados no oficio desde moi novos e fundamentalmente traballaron nun tipo de teatro e o de Albert Boadella que creaba todos os seus espectáculos con dinámicas de obradoiro que duraban nove meses aillados no rural está toda a gama de maior ou menor relevancia da investigación para a creación do espectáculo. Outro exemplo podería ser Terceiro Acto, do CDG, no que o proceso de ensaios - baixo o modelo do obradoiro- tivo unha duración maior (máis dun ano) que o reensaio con outros actores diferentes (10 dias aprox.)


In. académica vs. profesional

Poden ser opostas e contraproducentes. A Inv. académica pode paralizar á inv. profesional. E a inv. profesional invalidar á académica.

O obxectivo final tamén é diferente. A ciencia transforma o mundo, tanto se falamos de Historia como de socioloxía ou Física. A arte non transforma o mundo. É un fin en si mesma. 

Pero nuns estudos superiores é necesario armonizar ambas.

Para crear obra artística non debemos empregar o método científico, aínda que si podemos Botar man das súas técnicas é procedementos. 

Pero na academia, na esad, o resultado da obra artística si que debe de ir acompañado traballo escrito que siga o metodo científico ou académico.

Por tanto a continuación imos repasar as partes do proceso de investigación académico científico.

Metodologías de Análisis e Investigación en las Artes Escénicas (programa da UAB-Institut del teatre)

[a invest,. dun xeito especifico para teatreiros]

Evaluación 

1. Fuentes documentales La evaluación se basa en la lectura de dos o tres artículos que se facilitarán durante la primera sesión y de un breve ejercicio práctico. El primer día de clase se darán instrucciones específicas sobre el tipo de trabajo y las fechas de entrega. 

2. Texto La evaluación consiste en la realización de un trabajo en grupo, asesorado por los profesores, sobre un texto teatral. Básicamente, se trata de elaborar una respuesta de lectura del texto, tanto interpretativa como valorativa, de acuerdo con las pautas que se han dado en clase. Debe realizarse un análisis minucioso de la obra estudiada y una lectura globalizadora, atenta a los condicionamientos históricos y contextuales. 

3. Espectáculo La evaluación se basa en la lectura y el análisis de una formulación ensayística sobre teatro y artes contemporáneas. Se ha de escoger entre dos títulos proporcionados en clase y hacer el trabajo sobre el seleccionado. Como alternativa al trabajo analítico de un ensayo sobre teatro, se puede hacer un breve estudio donde se analice minuciosamente el tipo de teatralidad de un espectáculo urbano y popular, según las 4estudio donde se analice minuciosamente el tipo de teatralidad de un espectáculo urbano y popular, según las pautas especificadas dadas en clase. 

4. Evaluación performativa La evaluación consistirá en la elaboración de un trabajo o de varios ejercicios a partir de una serie de materiales que obligar a una reflexión crítica sobre los problemas planteados. El profesor ofrecerá a los estudiantes indicaciones precisas de como llevarlo a término. 

referencias:


guia docente de METODOLOGIA DE LA INVESTIGACION EN LAS ARTES ESCENICAS , da univ rei jaun carlosI

Guia de investigación en AA.EE.: O ppt que viña manexando nas suas aulas laura. Non é outra cousa que o proceso de investigación académico-cfco.

VIDEOS: https://www.youtube.com/watch?v=aobVAI28xBQ (coido que se refire ao docu anterior da Univ. de Perú)

https://www.youtube.com/watch?v=fzRi9m36_I0 : dubatti sobre análise de poeticas teatrais

https://www.youtube.com/watch?v=8AzNXgGKXsc

https://www.youtube.com/watch?v=W2JFN9oKrNI&list=PLWfF6Dli9QCMoy4H0lZR2L-ioOH2XHCAy&index=5