1 Investigacion en Artes. Epistemoloxía. Cto. Cfco.

ACTIVIDADE: redactar na última media hora de clase un informe sobre a investigación nas artes

existe a investigación nas artes? 

por Henk Borgdorff, 2010 El debate sobre la investigación en las artes

Existe a investigación nas artes? 

Entendida como un fenómeno no que a produción artística poda ser unha parte fundamental do proceso de investigación, e a obra de arte sexa, en parte, o resultado da investigación (practice as research)?

Unha cuestión paralela é se este tipo de investigación ten dereito a cualificarse de académica e se debería de incluírse no nivel de doutoramento da educación superior.

O cambio nas políticas gobernamentais (a entrada dás artes na universidade) e o desenvolvemento mesmo da práctica artística xeneran este debate actual. 

Duns anos ata agora, foi un lugar común falar de arte contemporánea en termos de reflexión e investigación.

A investigación académica ou científica segue sendo competencia das universidades. A investigación nas escolas de danza e teatro, e outras escolas profesionais das artes é, por tanto, de diferente natureza á que xeralmente ten lugar no mundo académico, dentro das universidades.

A concesión de títulos de máster ou doutoramento a artistas foi posible durante décadas en Estados Unidos, onde un título deste tipo constitúe un requisito previo para acceder a un posto en institucións artísticas profesionais. Estes requisitos institucionais non son sempre beneficiosas nin para o nivel da práctica artística no campus nin para o do persoal docente. [NA MIÑA OPINIÓN O OFICIO DE PROFESOR, DE INVESTIGADOR OU DE ARTISTA SON DIFERENTES: no ilusionismo (onde hai moita investigación) por exemplo, o investigador non necesariamente desenvolve ou seu traballo como artista. En artes do movemento houbo pedagogos e investigadores que non foron artistas executores. Na gastronomía tamén está clara a diferenza entre executante, investigador e pedagogo]

No Reino Unido leváronse a cabo diversos congresos sobre “práctica como investigación”, e apareceron artigos, monográficos e ata manuais de investigación nas artes e a súa metodoloxía. 

3 tipos de investigación en artes:

En El debate sobre la investigación en las artes Borgdorff establece a eguinte clasificación:

 (a) Investigación sobre as artes: Achegamento teórico de natureza histórica, filosófica, estética, descritiva ou explicativa. Estudos teatrais, estudos de literatura, etc. 

(b) Investigación para as artes pode describirse como a investigación aplicada: Exemplo: a investigación en sistemas electrónicos conectados na interacción entre movemento e iluminación. A investigación entrega as ferramentas e o coñecemento dos materiais que se necesitan durante o proceso creativo ou para o produto artístico final.

(c) Investigación nas artes refírese á investigación que non asume a separación de suxeito e obxecto, e non contempla ningunha distancia entre o investigador e a práctica artística

d) [Eu engadiría a INTERVENCIÓN SOCIAL: Arte contextual, prácticas do situacionismo, teatro documento, teatro cientifico, etc. que necesariamente deben de ir acompañadas de proxectos teóricos de investigación rigorosa]

e) [Engadiría tamén a INVESTIGACIÓN NA DIDÁCTICA DÁS ARTES, que foi a elixida maioritariamente como campo de investigación polo claustro de profesores da ESAD]

Qué criterios debe ter a investigación en artes?

A continuación verquemos un refundido sobre o texto de Borgdorff, en relación aos parámetros necesarios para falarmos con rigor de investigación (nas artes):

(1) A investigación ten que introducir cuestións de investigación ou problemas claramente articulados. As contribucións involuntarias (fortuítas) ao coñecemento e ao entendemento non poden contemplarse como resultados da investigación (cfr. Dallow, 2003). 

(2) A importancia destas cuestións e problemas debe ser explicada dentro dun contexto de investigación específico que inclúa a contribución que vai facer o proxecto e como se vai a relacionar o estudo con outras investigacións na área. 

3) A investigación implica contribucións orixinais – é dicir, o traballo non debe realizarse por outras persoas, e debe engadir novos descubrimentos

(4) Teñen que especificarse un ou máis métodos de investigación que se vaian a aplicar para dirixir e, na medida do posible, dar resposta ás cuestións e problemas. 

(5) Os resultados do estudo e o proceso de investigación teñen que ser debidamente documentados e difundidos. O obxectivo é aumentar o coñecemento e a comprensión, non só do universo artístico, senón tamén da nosa vida.

En definitiva: o que define as ciencias (físicas, humanas, da saúde ou artísticas) é o emprego do método científico. 

TEMA 1. A investigación. Aproximación epistemolóxica.

A licenciatura en Filosofía nos anos 1980 incluía no seu curriculum materias como:

Hai quen afirma que a gnoseoloxía e a epistemoloxía son sinónimas. Moitos autores franceses e ingleses, identifican o termo “epistemoloxía” co que en español denomínase gnoseoloxía ou “teoría do coñecemento”, rama da filosofía que se ocupa do coñecemento en xeral: De feito, a palabra inglesa "epistemology" tradúcese ao español como "gnoseoloxía".

Hai quen di que a epistemoloxía e a gnoseoloxía son completamente diferentes: 

Hai quen di exactamente o contrario:

En calquera caso as preguntas fundamentais a respecto do coñecemento son: que é o que se coñece, por un lado e se é posible transmitir ese coñecemento por outro lado.

Particularmente coido que á xente de teatro preocúpannos tanto as custións cotiás do día a día do teatro (o fomentos dos públicos, a cuestión da empregabilidade, etc.), como os seus problemas científicos. Tamén as cuestións de creenzas: a bohemia, a suposta incapacidade dos actores para xestionar o seu futuro, a necesidade de pasar fame para encontrar a excelencia artistica, etc.

Unha das reglas da investigación é que se debe investigar sobre o que máis se coñece e a outra é que se debe investigar sobre o que a un máis lle interesa. 

O coñecemento cambia a realidade na comunidade.

Variables en ciencias sociais


DIFERENZA ENTRE MARCO TEÓRICO E IDEOLOXÍA

Estudos culturais e ideoloxía

Os estudos culturais inclúen marcos teóricos de corte claramente ideolóxico, e explicitamente vinculados á esquerda, en función das diferentes axendas políticas: feministas, marxistas, antirracistas, antihomofóbicas, antipostcoloniais, antiidadistas, especistas, etc. 

Os marcos teóricos vinculados á antropoloxía, a estética a semiótica e a socioloxía son os que se explicitan no descriptor de Teorías dos espectáculos e non está explícitamente vinculados á ideoloxía.

Marco teórico

Apropiacionismo:  movimento no que o artista elabora a súa obra con elementos de outras alleas. Exemplos: a arte da Idade Media, as Latas de sopa Campbell, etc. É contemplado como unha cita: en principio non implica valores negativos.


Para que sirve o marco teórico? Ferramenta de investigación.


Que é? Modelos teóricos. Son paradigmas, modelos explicativos da realidade. 




Ámbito: Coñecemento científico


Enfoque: É puramente teórico.


Intenta ser obxectivo, pero inevitablemente está contaminados de ideoloxía. Desta contaminación ocúpase a Socioloxía do coñecemento. Os marcos teóricos, así como a ciencia en xeral, son constructos humanos, e por tanto non mostran a realidade, senón unha representación da realidade, en función do momento histórico, do lugar, da clase social, etc. 


Por definición son provisionais e sometidos a revisión crítica, porque son ciencia. 

Ideoloxía

Apropiación cultural (é unha categoría moral: non é científica): uso de elementos culturais por parte de membros de outra cultura. É contemplado como un plaxio. Implica valores negativos: indebida, aculturación, colonialismo, exotización, etc.

Para que sirve a ideoloxía? Ferramenta de acción política e social

Que é? Crenzas, valores e principios que definen a forma en que un grupo de persoas percibe o mundo e toma decisións. Emocións, percepcións. Tamén razoamentos e ideas.

Ámbito: a ideoloxía non necesariamente ten unha base científica, aínda que pode tela

Enfoque mais amplo: está vinculado a un programa de acción

Non pretende ser obxectiva. Está influida dun xeito explícito por factores culturais, políticos ou relixiosos.





Non hai revisión entre pares.

Teoría do ovo frito (ou do arroz, etc.)


Preguntámoslle a clase como fan os ovos fritos. seguro que haberá diferentes formas de facelos. Esas formas de facelo diferentes están sustentadas en diferentes teorías ("hai que facelo así porque...").

Deixemos que discutan un rato. Comprobamos que varias formas son válidas: co aceite tepédo co aceite ben quente, etc. Hai algunha que é a boa e que inválida as outras? Non

Son todas igual de válidas? Non. Depende de que queiramos acompañar. Depende tamén así estamos nun país productor de aceite de oliva o non. Ou sexa, da infraestructura.

En calquera caso non son todas igual de válidas. Hai xente que pode estragar os ovos fritos e facelos incomibles. 

Por tanto existen as regras. As regras da arte. Baseadas no oficio.

También hay una forma canónica de fritir o ovo. Que non necesariamente é a mellor.

Pasemos agora a investigación teórica. Pídovos que me propoñades por parellas títulos de traballo sobre a teoría dos ovos fritos. E posibles desenvolvemento dos mesmos. O obxectivo é desenvolver un saber crítico non dogmático.