Anomia

Anomia quere dicir sen normas, sen regras. A anomia social refírese a eses momentos históricos en que desaparecen as vellas normas e están a emerxer unhas novas dándose unha situación de normativización indefinida ou anárquica. Os periodos revolucionarios son situacións típicas de anomia: A Revolución rusa, Maio do 68, etc.

Tamén son momentos de anomia os cambios de réxime, como a transición española, e os momentos de cambio social, como os que estamos a vivir neste momento coa crise dos sistemas democráticos, a cuarta onda feminista, e outros.

Son momentos interesantes desde o punto de vista do espectáculo: por un lado porque a sociedade está aberta a novas formas artísticas, por outro porque ao modificarse a visión do mundo, modificase tamén a ideoloxía dominante e isto inflúe na forma e contidos dos espectáculos. Pero ademais, conforme as teses do sociólogo de teatro Jean Duvignaud, nos momentos de anomia o teatro anticipa o cambio social.

O termo anomia tamén ten unha acepción a nivel individual que se refire a aqueles individuos que están fora da norma e que desenvolven conductas desviadas como o crime, a drogadicción, a violencia doméstica, o suicidio, os desordes mentais, etc. Tamén Duvignaud alude a esta acepción cando menciona aos héroes dramáticos como personaxes inadaptados e individuos anómicos que provocan cambios: o Doutor Fausto que pretende dominar ás leis que determinan a vida e a morte, ou o indeciso Hamlet que, non obstante, coida estar predestinado a vengar a seu pai morto.

Socioloxía do teatro de Duvignaud

Segundo Duvignaud os artistas teñen unha sensibilidade especial para percibir o que está pasando na sociedade e déixanse levar polas solucións que propón o inconsciente, adiantándose ao seu tempo. Duvignaud, por tanto, rexeita o lugar común que di que o espectáculo é un espello da sociedade. En lugar diso, ven dicir o contrario: que o espectáculo anticipa os cambios sociais.Muy a menudo se pueden descubrir los grandes cambios sociales mucho antes por los síntomas artísticos que por otros síntomas (…) Se podría decir que el hombre termina por parecerse a lo que los dramaturgos han concebido (Duvignaud: 1966, 55)

O teatro ten que ver con ese desexo de desacralizar as inercias e rixideces que nun momento dado deteñen a evolución na maneira de pensar dos homes, “el teatro es una rebelión contra el orden establecido” (Duvignaud: 1966, 519)

Nunha sociedade inmovilista e estable como a Idade Media é pouco probable que asistamos a unha eclosión teatral. Polo contrario nun momento de cambio social como o século XIX o teatro e os espectáculos son o xeito en que a sociedade reflexiona sobre si mesma.

A anomia en Durkheim

A anomia implica a falta de normas que podan orientar o comportamento dos individuos.

Na época que lle toca vivir a Durkheim (1900), os criterios tradicionais da relixión estaban sendo destruidos pola posmodernidade (Nietzsche falaba da morte de Deus) e isto deixaba ao individuo coa sensación de que a súa vida non tiña sentido.

Actualmente a vida social segue a provocar anomia: unha sensación de falta de sentido ou de desesperación, debido a que as regras están cambiando permanentemente.

Durkheim e o suicidio

Durkheim, no seu libro clásico «Sobre o suicidio», examinou a desintegración dos vínculos sociais que conduce aos individuos e as sociedades á autodestrucción. Cando os vínculos sociais son fortes, as persoas teñen un equilibrio saudable entre iniciativa individual e solidaridade comunitaria. Nestes momentos danse as taxas máis baixas de suicidio. Pola contra, os individuos máis susceptibles á autodestrucción son aqueles nos que estes vínculos sociais romperon.

As sociedades manteñense unidas por unha rede de vínculos sociais que lles da ás persoas a sensación de ser parte dun colectivo e participar nun proxecto máis grande ca eles mesmos. Estes vínculos construen un significado, un sentido de propósito, status e dignidade. Ofrecen protección psicolóxica contra a morte e contra a sensación de “sensentido” que embarga cando estamos aillados e sos. A ruptura destes vínculos crea unha angustia psicolóxica profunda que conduce a actos de autoaniquilación e suicidio. Durkheim chamou a este estado de desesperanza “anomia” ou «ausencia de regras».

A ausencia de regras significa que as normas que gobernan unha sociedade e crean un sentido de solidaridade orgánica xa non funcionan. Un exemplo actual sería a crenza de que se traballamos, somos respetuosos coa lei e temos unha boa educación, acadaremos un traballo estable, estatus social e seguridade financeira, que é un aserto que a día de hoxe xa non é certo.

Tendemos a pensar que o suicidio é un acto privado. Pero Durkheim sospeitaba que o suicidio fundamentalmente era un acto público. Comezou desbotando as causas psicolóxicas, xeográficas, raciais ou de clima. E indagou nas causas sociais: crenzas relixiosas, estrutura familiar, medio político, etc.

Estableceu catro tipos de suicidio:

  • Suicidio egoísta: por escasa integración social. Os protestantes nórdicos, os solteiros.

  • Suicidio altruísta: os kamikazes, os islamistas suicidas.

  • Suicidio fatalista: por excesivo regulamento social. O suicidio que se da no cárcere.

  • Suicidio anómico: por falta de regulación social, de puntos de referencia. Nos EEUU dase en homes brancos de idade mediana que están divorciados, ou parados que perden o traballo de toda unha vida, etc. O Estado de benestar, o cambio tecnolóxico, o pluralismo e o multiculturalismo, que deberían resolver os seus problemas son detectados como os verdadeiros culpables deses problemas. Estes factores colocan fora de xogo a grupos tradicionalmente hexemónicos. A anomia que provocan xenera medo, angustia, inseguridade e insatisfacción, e é causa de suicidio. Os afroamericanos teñen unha taxa de suicidios inferior porque son máis escépticos fronte ao mito do soño americano. Pero os brancos tenden a aferrarse a ese mito e na súa desesperación radicalizan as súas posturas en torno ao denominado libertarismo ou anarcocapitalismo. Os membros de grupos de odio da dereita son maioritariamente homes brancos.

Suicidio egoísta: Documental A teoría sueca do amor

O argumentario demagóxico-populista responde á necesidade dunha explicación simple para situacións anómicas e complexas.

Goffman: anomia na vida cotiá

Tamén Goffman se refire á anomia, e afirma que cando o médico non ten unha presentación social acorde coas expectativas previas experimentamos un tipo de anomia xenerado porque o pequeno sistema social da interacción cara a cara esnaquízase (Goffman: 1959, 24).

A non observancia das convencións xenera problemas (anomia) na vida cotiá. É o caso de cando non se da unha axeitada dramatización do propio traballo. Un médico, por exemplo, non so ten que observar ao paciente (cor da cara, pulso, etc.) tamén ten que parecer que o está observando. O mesmo sucede cun alumno que non so debe estar atento, senón que tamén debe parecer que o está.

Turner: o rito como reaxuste da anomia

Tanto para o antropólogo Victor Turner como para o sociólogo Erving Goffman o argumento principal do ser humano é o mesmo: alguén se despraza a un novo lugar dentro da orde social e este movemento está acompañado de ritos. Xurde a crise porque calquera cambio no status implica un reaxuste de todo o esquema social, e este reaxuste dunha situación anómica efectúase cerimonialmente ou sexa, teatralmente.

As cuestións de xénero, a globalización, a arte, a relixión, o corpo, a interacción social, a familia, a etnicidade, a política, a ecoloxía e os movementos sociais non son simplemente factores que inflúen nas performances estéticas, senón que constitúen en si mesmos fenómenos que se manifestan dun xeito performativo: realízanse, e ao realizárense, amósanse e son os vehículos a través dos cales os grupos sociais reflexionan “sobre si mesmos, sobre as relacións, accións, símbolos, significados, códigos, roles, status, estruturas sociais, regras éticas e legais, e outros compoñentes socioculturais que compoñen as súas identidades públicas” (Turner: 1986, 103).

O drama social de Turner

Turner propón un modelo dramatúrxico nun nivel macro: o drama social, que sería un modelo explicativo da organización social. O drama social é unha situación de crise que pode ser analizada conforme ao modelo da liminalidade. O conflito palestino-israelí, no que se está nunha fase indefinida, podería ser un exemplo.

O modelo do drama social ten a particularidade de que non so se fan cousas, senón que o que se fai ten a intención de ser amosado aos demais.

A un nivel xeral, o drama social describe os conflitos e os procesos da interacción social que se crean pola tentativa de implementar patróns alternativos da interacción social, tanto entre individuos como a través da comunidade.

Anómico Teatro

Anómico Teatro é unha compañía teatral fundada en 2011 por Eva Alfonso e Julio Fernández, exalumnos da ESAD-Galicia. Nas suas pezas hai unha preocupación política e social sen esquecer a investigación formal en novas linguaxes .