T.4 Técnicas Títeres

Introducción (esquema)

Nesta páxina imos tocar as técnicas titiriteiras de manipulación. Os títeres habitualmente manipúlanse mediante algún artificio (fíos, variñas, luva, etc.). A manipulación directa é menos frecuente, ainda que se utiliza adoito nos títeres de mesa e nos obxectos.


No que respecta aos títeres de rúa

  • Títeres e rúa (os xigantes), os mecanismos, a máscara.

  • Diferenza manipulación/animación

  • Gramática, sincronización, mirada, posición natural, tensión xusta, entradas e saídas

  • Os mecanismos (Oligor)- autómatas – robots -

  • Os obxectos: teatro de formas animadas

  • Os títeres de rodilla (Hugo e Inés: Gaia teatro)

  • O teatro de papel

  • O pequeno e o grande: do Peep show a Royal de Luxe. Do títere de dedo aos Xigantes e cabezudos

  • Títeres e máscaras. O obxecto humanizado e o corpo como obxecto. A commedia dell’arte, o humanette,


Manipulación

Diferenza entre manipulación e animación

    • A animación fana os nenos moi ben: danlle vida a calquera obxecto. A manipulación é un oficio técnico, no que se nota a profesionalidade. Pero pode haber excelente manipulación sen animación (sen dotar de alma aos obxectos), e viceversa.

    • O teatro de Kantor, Matarile, ou a realidade aumentada de Agrupación Sr. Serrano son un exemplo de manipulación sen animación. A diferenza entre manipulación e animación remítenos dalgún xeito á diferenza entre representación e presentación, ficcionalización e performance representar títeres” ou “presentar” un boneco. Os malabaristas e outros son grandes especialistas en manipulación, pero non necesariamente en animación.

Na manipulación tratamos ao obxecto como un ser vivo, como un canciño ou un bebé. Non necesariamente hai que tratalo con cariño, pode ser con violencia, pero sempre tendo en conta que está vivo.

Tamén hai que escoitar ao obxecto. Ver que nos ofrece. Do mesmo xeito que un director de teatro de actores debería prestar atención a qué lle están a ofrecer os seus actores: o seu físico, xeito de camiñar, o seu pulso, etc. Ainda que resulte paradoxal, como actor eu reclamaría dos directores de teatro, cine ou televisión que me considerasen un títere e me tratasen tal e como os titiriteiros tratan aos seus obxectos: atendendo a se son metálicos ou de goma espuma, elegantes ou graciosamente torpes, grandotes ou mínimos, etc.

Por último, é importante o peso do boneco, que é un peso extracotiá: poderiamos considerar que un obxecto como un bolígrafo debe pesar dez veces máis do seu peso real. Isto está relacionado co que poderiamos chamar a presenza escénica do obxecto, e é algo que está moi presente na manipulación de obxectos dos ilusionistas.


Anatomía do títere. Gramática.

(de https://www.titerenet.com/2011/09/23/5-tecnicas-basicas-del-titiritero/ )

Do mesmo xeito que en teatro de actores existe a gramática corporal (Decroux), igualmente o obxecto ten uns movementos posibles. Se cadra ten menos posibilidade de movementos que o corpo humano, mais ao mesmo tempo ten outras posibilidades impensables para o corpo humano.

Sincronización dos beizos. (Sobre todo en bocóns) Se a túa boca se move, a boca do teu títere debe moverse tamén. Parece fácil pero a coordinación dos beizos e as mans non é natural. Para practicar, faile dicir o abecedario ao teu titere. Evita mover a boca ao azar durante unha frase. Non abras a boca del títere con cada palabra. A boca do títere ábrese co polgar descendéndoo en vez de mover os demáis dedos cara arriba. Un pequeno movemento cara arriba da man pode axudar cando se empeza.

Afundimento do títere. Cando estamos traballando con luva, coas mans estiradas cara arriba, é normal que o cansazo nos conduza a que o títere se afunda pouco e pouco no escenario. Os brazos deben estar sempre dereitos para que isto non suceda.

A mirada do monicreque. O retablo adoita estar elevado a respecto do público, e por tanto os títeres non deben mirar cara diante como farían os actores, senón un pouquiño cara abaixo, para que o público lles vexa a cara. É preciso axustar o ángulo do pulso e do dedo que terma da cabeciña do títere. Ás veces é necesario modificar a construcción do boneco para non forzar demasiado a postura.

Posición natural do boneco. A postura natural do teu títere é aquela na que o boneco está de pe, e ao mesmo tempo está mirando cara diante. A boca do títere tamén pode necesitar un leve xiro do pulso para manterse dereita. O brazo do titiriteiro debe estar dereito e en ángulo recto con relación ao chan. Os títeres non deberían inclinarse aos lados.

Exercicios: que o títere mire cara afora por unha fiestra, ao chan, que saque a cabeza por unha porta, que lea un libro, que bote unha segunda ollada, etc.

Tensión xusta. Mantén o teu títere desperto todo o tempo. Si outro títere está falando,o teu títere debe responder con xestos lixeiros. Non deixes que o títere morra en escena. Se deixas o teu brazo sen tensión, o títere morre. Polo contrario, tampouco debería roubarlle a escena ao seu partenaire.

Entradas e saidas. Un clásico é facer que o teu títere apareza coma se chegara subindo unha rampla. Este movemiento usa todo o brazo e require que o titiriteiro manteña o antebrazo recto de arriba para abaixo mentres que o pulso permanece relaxado. Cando o títere saia do escenario, este proceso é á inversa.

Trátase, unha vez máis de aplicar as técnicas da comedia física nos títeres (ou viceversa). Neste caso é o clásico gag das escaleiras mecánicas de Lecoq.

Outras entradas e saídas que en si mesmas constitúen gags (son moi típicas de El Chonchón) son o ascensor, a escaleira de caracol, tirarse de cabeza, aganchar polo lateral do escenario...


Tadeusz Kantor

Neste canal temos consellos sobre posición do títere, entradas, sincronización, contacto visual, etc..
El Chonchon son uns chilenos mestres na manipulación de luva. A primeira regra do traballo con títeres é: pouco diálogo e moita acción. Neste video podemos observar que non siguen en absoluto esa regra, xa que os títeres estan falando entre si durante moito tempo, sen apenas movemento. Nin sequera moven as mans nin se desprazan demasiado. So moven as mans se realmente hai un motivo para movelas.
...Outra regra de ouro da manipulación é que os títeres non deben flotar por enriba da mesa de manipulación ou do chan. Unha regra que se incumpre sistemáticamente en Avenue Q....
O manipulador canadiense Ronnie Burkett durante vinte capítulos reflexiona sobre os títeres como arte menor, sobre o adestramento, sobre a voz, etc.
Sobre a voz do títere
Meryl Streep e as voces diferentes. Un aspecto interesante aplicable ao traballo dos actores humanos é que, en boa lóxica, cada personaxe que interpretáramos debería ter unha voz diferente. O de Meryl Streep é o caso máis rechamante: emprega un acento e un xeito de falar completamente diferente para cada personaxe. Entende os personaxes como títeres, dos que se distancia saudablemente, o que lle permite manter o sentido lúdico do xogo actoral.
Todas as técnicas específcas de títeres coinciden no traballo de máscara neutra: fix points, economía de xestos, segmentos corporais, etc.

Manipulación directa

Neste tipo de manipulación non hai artificio mecánico (fío, variña, vara, etc.) nin o títere é habitable (tipo xigantes e cabezudos). Este tipo de títere manipulase á vista tomándoo pola cintura ou pola man.

Pódese facer con títeres figurativos ou con obxectos cotiáns.

É unha excepción dentro dos títeres, que habitualmente se sirven de artificios, pero é moi característica do teatro de obxectos. De todas formas, existe tamén o teatro de obxectos que manipula aos mesmos por medio de algúns artificios simples.

Clasificacións dos títeres

a) Pola súa forma

- Corpóreos: os títeres de luva

- Plano: por exemplo as siluetas de sombras

b) Polo que representan: persoas, animais, obxectos...

c) Polo sistema de manipulación: indirecta (con variñas, fíos, etc.) ou directamente coa man sobre o boneco.

d) Pola posición do manipulador

- Títeres manexados desde arriba: fíos, por exemplo.

- Títeres manexados desde abaixo: luva, por exemplo

- Títeres manexados ao mesmo nivel que o manipulador: Karagoz, por exemplo

e) Polo seu tamaño: hai títeres xigantes como Royal de Luxe (fío), Bread and Puppet (variña) ou para meter o corpo dentro como os leons chineses ou os cabezudos. E, na outra man, existe o circo de pulgas, os títeres de dedo ou os peep shows.

d) Polo escenario no que se manexan: de mesa, nun retablo, sobre unha pantalla (sombras), de rúa, nun escenario de teatro,de auga...

e) Ilusionismo ou non: Se é manipulación á vista ou se o titiriteiro está oculto.

f) Materiais: de goma espuma (bocóns), de tea (luva), de coiro (sombras), de calquera material (obxectos)...


(Ver máis clasificacións posibles en T6. Obxectos, arte, filosofía/Tipoloxía dos obxectos)

Tipoloxía polo modo de manipulación

Títere de luva

O máis simple sería a serpe feita cun calcetín. A partir daí, poden ter unha cabeza de tea, ou de madeira (se hai que bater nela). Os dedos poden ter diversas combinacions para controlar a cabeza e os brazos. É manipulado cara arriba e co titiriteiro oculto.

Títere de fíos (marioneta)

O máis simple é o parrulo que leva un fío na cabeza e outros dous nas patas. Nas marionetas antropomorfas, os segmentos corporais son accionados por fíos conectados a unha cruceta. En India existe un tipo de títere de fío que é manexado directamente cos dedos das mans. Inversamente existen mandos moi complexos para manexar fíos, como so de Peralta del Amo ou os de Kukas.

Ás veces combínanse fío, variña e vara, como no caso dos Puppi italianos, nos que a cabeza vai sobre unha vara, a espada sobre unha variña e a outra man vai nun fío.

Títere de Vara

O máis simple é o modelo de teatriño con figuras de cartolina para nenos cativos. Leva unha vara conectada á cabeza ou ao corpo. O titiriteiro anímao desde arriba. Poden ser planos ou con volume; ríxidos ou articulados; pequenos ou grandes.

Títere de Variña

A variña é unha técnica complementaria que permite movemento de brazos, pernas, azas, cola ou cabezas en personaxes nos que o corpo é controlado por outra técnica (vara, luva, etc).

Títere de Naipe

Un tipo de títere feito cun naipe (O Rei, a Sota...) ao que se lle practican dous buratos para meter os dedos que operarán como perniñas. Son títeres de mesa. Tamén se poden facer con cartolina, ou con pequenas bonecas. O seu movemento principal á camiñar.

Títere Bocón

Os Muppets. O movemento de brazos é con técnicas complementarias.

Títere Marote

O dos bufóns. Na versión más básica leva unha única vara na cabeza do títere. A vestimenta móvese libremente por inercia arredor do bastón, de xeito rotativo ou alternativo, de esquerda a dereita, cara arriba ou cara abaixo. Pódeselle engadir unha variña como no wayang golek de Indonesia, ou un fío, como nun títere de Benín, parecido a un touro, que posúe un enorme falo, manipulado cun fío. O touro de Barriga Verde tamén é un marote.

Títere de man prestada

É un títere ideal para movementos finos e precisos coas mans, posto que a súa á a do titiriteiro mesmo. O titiriteiro introduce no vestiario do títere a sua man e ás veces o seu antebrazo aparentando que é a man do boneco. É unha técnica complementaria, que se usa por exemplo nos muppets e nos marotes. A única condición é que o bonceo debe ser dun tamaño proporcionado á man do titiriteiro.

Títere de Sombras

Son figuras planas animadas con varas ao mesmo nivel ou algo máis abaixo. Poden ser ríxidas ou articuladas, negras ou de cores, grandes ou pequenas. Habitualmente levan variñas para mover mecanismos e trucos. No títere de sombras dase toda a gama de modos e xéneros, desde o máis sagrado, transcendente e esotérico ata o cabaret satírico e erótico, desde a epopea ata a cachaporra. Relacionado con esta técnica está o traballo con caixa de luz con obxectos (visual art) ou con títeres, a lanterna máxica, as sombras corpóreas (con todo o corpo do actor), as sombras chinesas coas mans, o teatro negro, etc

As sombras de cinc do Chat Noir

Títeres Bunraku

Na técnica orixinal xaponesa, o titiriteiro principal controla a cabeza e a man dereita, o segundo a man esquerda e o terceiro os pes. En xeral, chamamos bunraku a un tipo de técnica na que dous ou tres titiriteiros manexan o mesmo títere.

Títere de Dedo

Empréganse moito en pedagoxía. Son moi limitados, pero un titiriteiro hábil pode tirarlles enormes posibilidades.

Xigantes e Cabezudos

Son animados xeneralmente desde dentro. O titiriteiro pode levar zancos. Participan en desfiles e pasarrúas.

Teatro de Figuras. Títeres co corpo

O titiriteiro constrúe os personaxes con partes do seu propio corpo (mans, pernas, pes, bandullo, etc.) ás que engade elementos mínimos (nariz, ollos, pelo, etc.) e vestiario.

Cabalo de faldón

Está formado por unha especie de vestido que está suxeito con tirantes aos hombros do manipulador, cinguido á sua cintura, e que agacha as súas pernas. Unhas falsas patas colocanse a ambos lados. Semella ser un personaxe doble, cabalo e xinete á vez. É típico de festas e celebracións tradicionais, pero en Galicia empregouno Cesar Lombera para facer animación de rúa en zancos facendo de Apóstolo na Praza do Obradoiro, e Moucho Clerc no espectáculo de sala O códice clandestino.

Humanette

É un boneco sen cabeza, xa que a cabeza do titiriteiro reempraza á do títere. Os brazos manipulanse con variñas ou ben coa man prestada. Ás veces os pes van soltos, outras manipulanse con variñas, e ás veces é outro titiriteiro o que manipula os pes.

Na Enciclopedia Mundial da Marioneta din que este termo é inglés, e que en español se lle chama fantoche. En Galicia, habitualmente chamámoslles fantoches aos títeres na forma lusista.

Narradores, cantantes. Morshed

Nas tradicións de títeres orientais é habitual que os espectáculos sexan máis épicos que dramáticos, existindo a figura dun narrador ou cantante que fai avanzar a acción. O Morshed é o mediador entre o títere e a audiencia no teatro de títeres de fíos de Irán. Explica as palabras do títere, cuxa voz soa distorsionada pola lengüeta e se autodenomina o traductor.

Planchette

Títeres Danzantes, bavastels. Están documentados desde o século XII. Son bonecos que se suspenden entre entre cordas en posición horizontal. Ao tirar delas en sentidos contrarios, danzan ao son dunha melodía. Son característicos dos músicos de rúa, que os levan atados ao xeonllo.

Tándem

Non sei se este termo é universal, pero en Galicia aplícase a varios títeres que van montados no mesmo mecanismo. Por exemplo, unha bandada de paxaros, un grupo de soldados, unhas bailarinas de can-can, etc.

Francisco Peralta, un dos mestres de títeres en construcción e mecanismos. Influiu na técnica do galego Kukas.
Harry Tozer coa súa inseparable pajarita. Mestre, entre outros, dos galegos Tatán (Tanxarina) e Fernanda (Trécola)
Richard Bradshaw, mestre do teatro de sombras, que deu aulas en Galicia.
Plansjet está formado por unha parella de belgas de Flandes. No seu show os bonecos realizados por eles bailan ao son da zanfona. Tamén dan cursos de talla de madeira para títeres.
Títeres a la planchette
Títeres de naipe
Títeres de vara. Bonecos de Santo Aleixo
Bunraku europeo
Marote min 0:43
Man prestada nos Muppets
Caixa de Luz: Laura Iturralde
Títere corporal (Hugo & Inés)
Sombras corporais
Humanettes, da prestixiosa compañía francesa René Aubry-Philippe Genty
Técnicas diversas combinadas con actores. Philippe Genty

A máquina real

Chamábaselle real porque se trataba de compañías profesionais de títeres que tiñan unha licenza anual concedida en nome do rei. Denominábase máquina ao teatriño de títeres que se construía sobre o escenario do corral de comedias. Manipulábase con títeres de vara, tanto desde abaixo como desde arriba. O repertorio estaba composto por comedias do Século de Ouro e comedias de santos e de maxia, con profusión de tremoia e recursos pirotécnicos.

Algunhas das tradicións actuais do teatro de títeres proceden da máquina real, como os Títeres de La Tía Norica en Cádiz ou Os títeres de Santo Aleixo en Portugal.

El fenómeno de la máquina real implica la formación de unas agrupaciones o compañías que, en principio con la licencia del Rey, representan comedias completas en los principales corrales y teatros españoles, sobre todo en el periodo de la Cuaresma, pero también en cualquier otra época del año. El inglés Varey considera a la máquina real como la más importante aportación del teatro español al teatro europeo de marionetas. (Adolfo Ayuso Disolución y muerte de la máquina real: los autómatas Narbón)

Lembremos que a temporada teatral comprendía so o Carnaval, e durante a Coresma non se podía representar. Non obstante os títeres tiñan licenza para representar, porque non se trataba de actores e actrices, senón de bonecos.


Máis webgrafía sobre a Máquina Real:


Teatro de Papel

Teatro en miniatura (maqueta) con figuras e decorados de papel ou cartolina que ten a súa orixe no século XIX debido á paixón que xeneraba o teatro. En principio foi un xogo para ser representado no ámbito familiar. Na actualidade é unha técnica adoptada por artistas e titiriteiros. Algunhas pezas de compañías profesionais como Cinemasticado ou Marcelo Lafontana están baseadas no teatro de papel.

O Kamishibai xaponés tamén é representado nun teatro en miniatura.

Festival de teatro de papel Inglaterra. No min 1:00 vemos unha ópera

O Kamishibai xaponés é un tipo de teatro de rúa que nas suas orixes era transportado en bicicleta.

Peep Show

To peep en inglés quere dicir fisgar, to look quickly and furtively at something, especially through a narrow opening, ou o que en argot se entende por junar. Ata os anos '90 do século XX, os Peep Shows eran cabinas cunha mirilla a través da cal podíanse ver poses sexualmente explícitas. Coa popularización da pornografía por internet este modelo desapareceu.

Pero en orixe, os peep shows están relacionados cos Titirimundi, os espectáculos chineses yang p'ien (diapositivas accionadas por manivelas) ou co que no Imperio Otomano se chamaban sanduk al-ajayib (caixa marabillosa), un tipo de espectáculo de rúa no que, a través dun burato cunha lente, podíanse ver panorámicas de xardíns ou palacios, figuras de madeira, etc.

Máis información en:

https://www.dickbalzer.com/Peepshows.202.0.html

https://es.wikipedia.org/wiki/Peep_Show

https://es.wikipedia.org/wiki/Tutilimundi

http://www.peepshowmovie.com/index.html

https://www.youtube.com/watch?v=u1xwbgQEo6g

Peking Peep Show

Tutilimundi contemporáneo

Tutilimundi na Praza Maior de Madrid

Circo de pulgas

En Galicia hai documentados circos de pulgas durante o século XIX e principios do XX (ver Circos de pulgas: benvidos ao menor espectáculo do mundo)

Xa no século XXI veu a Redondela en 2007 o famoso circo de pulgas do belga Dominique Querignard. Temos tamén documentados en épocas recentes domadores e domadoras de pulgas galegos como o da avoa Milagros (Carmen Domech) e o de Claudio Carruselo (Sechu Sende)

Máis información en:

https://web.archive.org/web/20150802111913/http://magicpuk.blogspot.com/

http://grancircodepulgas.com/Bienvenidos.html

http://www.fleacircus.co.uk/

The Royal Flea Circus

Tim Cockerill, entomólogo.

Teatro Negro

Técnica teatral que permite amosar algúns personaxes ou obxectos ocultando outros. Xa era coñecido por ilusionistas como Robert-Houdin, pero experimentou un impulso importante co desenvolvemento da iluminación eléctrica.

O dispositivo escénico consiste en cubrir todo o escenario con cortinas negras. A iluminación oriéntase ao proscenio cos focos ocultos ao público. Uns focos especiais de luz concentrada (pódense construir cun bote de pringles) envían un estreito haz de luz ao teatriño. Os titiriteiros, levan o seu corpo, mans e cabezatapados con roupa negra, e resultan invisibles sobre o fondo negro. Los títeres so se ven cando se sitúan na traxectoria dos raios de luz. Tamén poden colocarse practicables negros.

Teatro de luz negra

Habitualmente se entende por Teatro Negro o que utiliza a luz negra a maiores da técnica do teatro negro. A luz negra (raios ultravioleta) revélase coas cores fosforescentes.

Teatro Negro

Un dos números que Georges Lafaye creou en 1951. Representa os xogos eróticos dun sombreiro de copa e unha boa de plumas (John y Marsha, 1952).

Teatro de Luz Negra

Teatro Negro de Praga de Jiri Srnec


Títeres xigantes

Bread and Puppet é unha compañia de teatro político e social creada ao abeiro do Movemento Hippie. Empregan adoito títeres xigantes de variña, aínda que neste video vemos diversas técnicas

Royal de Luxe é unha compañía francesa que se caracteriza polos seus títeres xigantes de fío. Traballan para eventos con enormes orzamentos

Els Comediants comezan seguindo a estela de teatro de resistencia de Bread and Puppet, pero engadindo o espírito mediterráneo, música en directo e traballo de máscara. Actualmente siguen co teatro, pero tamén traballan para eventos grandes (Carnaval de Venecia, Clausura dos Xogos Olímpicos) e medianos (inauguración da Casa da Auga na Coruña)

Dragóns chineses: virtuosismo e tradición. Nos títeres orientais podemos ver ás veces que as teas dos foros non están perfectas e lisas ou que hai unha iluminación perralleira. Na outra man, para eles non ten sentido un artista escénico que non teña un altísimo nivel de virtuosismo. O mesmo que nos demandamos nos executantes de ballet, da música clásica ou da ópera.

Títeres para televisión

Un aspecto sobradamente coñecido na cultura popular son os títeres e bonecos para televisión ou cine: Alf, as formigas de El Hormiguero, as Noticias do Guiñol, Barrio Sésamo. O caso de Toy Story, aínda que non son títeres senón animación, é interesante por tratarse de obxectos.

O robot R2D2, da Guerra das Galaxias, foi interpretado por un actor que medía 110 cm, pero tamén foi manipulado por controles de radio, foi realizado con modelos de computador e manipulado por titiriteiros. En Galicia son moi populares Os Bolechas que se emiten na TVG, que tamén fan aparicións en espectáculos ao vivo.

Os Bolechas

Teatro Musical. Bonecos manipulados por alumnos egresados da ESAD-Galicia

Gerry Anderson

Títeres con mecanismos sofisticados en series de ciencia ficción pouco coñecidas en Galicia