Opera

Concepto

O trazo diferencial da ópera é que se trata dun espectáculo dramático cantado de principio a fin cunha técnica extracotiá, e acompañado pola orquesta.

Outros trazos característicos son:

A Cincenta, de Rossini: tres versións

Cecilia Bartoli

En 3 minutos entenderemos por qué Bartoli é unha diva. Nos comentarios ao video podemos apreciar as paixóns que desata.

Glyndebourne

Unha montaxe canónica, do Festival de Glyndebourne. No min. 12 podemos apreciar os decorados pintados e a mesa e cadeira non practicables

Comediants

A influencia do teatro na ópera. Atentos aos ratos da figuración!

Sexteto no min. 2:14.

Orixes da Ópera

As orixes de case todas as artes do espectáculo pérdense na brétema dos tempos. O caso da ópera é unha excepción, porque sabemos cando e cómo xurdiu. Na Florencia de finais do século XVI o conde Bardi xuntaba no seu palacio a intelectuais como Vincenzo Galilei (pai de Galileo) e músicos e artistas como Peri e Caccini. Estaban fascinados pola Antigüidade grecolatina que se estaba a redescubrir, por exemplo polo teatro grego. E decidiron reinventar ese teatro grego nun espectáculo de asunto mitolóxico, con coro, músicos, canto e grande aparato escenográfico.

O tema das primeiras óperas é a fábula de Orfeo e Eurídice, un asunto moi acaído, xa que Orfeo é o poeta e músico máis famoso de todos os tempos, e tentará recuperar da sua caída no Inferno a Eurídice. Esta, que non pode mirar atrás, deberá seguir a Orfeo guiada polos sons da súa lira.

Antecedentes: os intermedii e a comedia de madrigais

A historia que acabamos de contar sobre as orixes da ópera é unha boa historia, e ten moito de verdade. Pero é demasiado simple, e a realidade sempre é máis complexa. Antes de que xurdira a ópera como xénero diferenciado houbo outros xéneros que se poden considerar antecedentes da mesma, nomeadamente a comedia de madrigais e os intermedii.

Os Intermedii

Os intermedii era una forma renacentista de entretenimiento teatral baseado na música, na danza, ocanto ou a declamación que se realizaba entre os actos das traxedias, comedias, etc. Ofrecía un contraste ao drama que estaba a ser representado. Os intermedii foron escritos e interpretados desde finais do século XV ao século XVII, pero o momento de maior esplendor foi durante o século XVI. A partir de 1600, fusionouse coa ópera.

Intermedii / Intermezzo

Convén non confundir os intermediii cos intermezzo, unha ópera cómica breve, de argumento realista e popular que se representaba nos entreactos dunha ópera seria. durante o século XVIII, e que darán orixe á ópera bufa. O máis coñecido é La serva padrona de Pergolesi (1733).

Diferencia intermedii/intermezzo:

– A época: os intermedii son previos á aparición da ópera (1500‐1600). Os intermezzo están ligados á ópera do XVIII.

– A temática: os intermedii son de asunto mitolóxico e alegórico e os intermezzo de asunto cotián

Una stravaganza dei Medici

Una stravaganza dei Medici é o nome xenerico como se coñece a un conxunto de intermedii compostos para o entretemento nos entreactos de La Pellegrina, unha comedia escrita por Girolamo Bargagli, que é coñecida principalmente polos seus intermedii. O motivo desta produción foi a celebración das bodas do Grande Duque Fernando I de Medici e Cristina de Lorena en 1589, en Florencia.

O período de preparación de La Pellegrina durou 8 meses. So os dispositivos mecánicos deseñados por Bernardo Buontalenti (c.1536‐1608) levou máis dun ano construilos.

A duración total dos intermedii é de setenta minutos. Son un total de seis intermedii, que non conforman unha única narración pero si teñen un tema en común: O poder da música e a súa influencia sobre os homes. Os personaxes son alegorías mitolóxicas como por exemplo o ceo, a terra, as estrelas, as musas, Apolo, etc. Inclue moita música instrumental e vocal, e conclue con gran ballet ao xeito francés.

Gravado da naumachia de 1589, no Palazzo Pitti

O mesmo espazo a día de hoxe

A boda de Ferdinando e Cristina de Lorraine (1565‐1637) foi fastuosa. Sabemos que ademais da comedia La Pellegrina e os seus correspondentes intermedii, incluiu numerosas festividades e banquetes, como por exemplo o anegamento do patio do Palazzo Pitti para celebrar unha naumachia.

A comedia de madrigais

A comedia de madrigais viña sendo unha concatenación de madrigais. O madrigal é un xénero vogal, escrito a catro ou máis voces, baseado nun poema. A música trata de adaptarse ao sentido do texto, mediante unha técnica pola que cada frase ou cada palabra expresan musicalmente o seu significado. Por exemplo, a palabra "risa" nunha pasaxe de notas rápidas que imitan gargalladas, ou o "salouco" nunha pasaxe onde a nota cae a un ton inferior. Esta técnica se coñece tamén como "pintura de palabras".

Esta preocupación renacentista por "afectar aos sentimentos dos ouvintes" cristalizará na Teoría dos Afectos, característica do período barroco. Xa na Teoría Musical Grega a idea dos modos musicais establecían uns sistemas de escalas o “modo de facer música” que debían “mover os afectos” do ouvinte, de xeito que non puidera ficar impasible ao ouvila. É unha especie de teoría dos efectos da recepción (Isser) avant la lettre. Isto enténdese doadamente se evocamos o efecto tan diferente que produce un modo maior e un modo menor.

A importancia da música na hora de provocar sentimentos será empregada a partir do século XVIII no melodrama, e xa no século XX no cine. De feito hai quen considera a Wagner un antecesor da experiencia cinematográfica, xa que ademais do uso dramat´ruxico da música, procurou a ilusion total agochando a orquesta e apagando as luces da sala por primeira vez.

A comedia de madrigais máis famosa foi L´Amfiparnaso (As abas do Parnaso), de Orazio Vechi (1597). O xénero non estaba destinado á súa representación escénica, conforme describe Lelio no prólogo: ... pero saiban vostedes que este espectáculo do que lles falo observase coa mente, onde entra polos ouvidos, e non polos ollos...

A peza está estruturada en tres actos e inspirada nas tramas da commedia dell'arte: Os protagonistas son Lucio e Isabel innamorati que foron separados por un malentendido, e xunto a eles temos as outras tramas dos personaxes da commedia.

Madrigal de Les Luthiers

En Mastropiero que nunca, Les Luthiers abre o espectáculo cun madrigal

L 'Amfiparnaso

L' Amfiparnaso representado

L' Amfiparnaso (making of)

So para xentes do oficio: making of da gravación de L' Amfiparnaso

A primeira ópera

Comúnmente considérase que a primeira ópera foi o Orfeo, de Monteverdi (1607).

Pero hai autores que consideran que L 'Amfiparnaso (1600), de Orazio Vecchi xa era unha ópera. Fronte a isto arguméntase, por unha banda, que era unha comedia de madrigais, e por outra, que non se chegou a representar escénicamente.

Tamén Dafne (1598) de Jacopo Peri é unha candidata a ter sido a primeira ópera, pero so conservamos dela o libreto de Rinuccini e algúns fragmentos da música.

En Euridice (1600), de Peri e tamén con libreto de Rinuccini, temos poucos diálogos. Son escenas independentes separadas por coros que se limitan a comentar a acción. Non parece unha ópera aínda.

A Rappresentatione di Anima e di Corpo (1600) de Emilio de Cavalieri tampouco parece ser aínda unha ópera.

So chegaron a nós seis fragmentos da Dafne, nos que podemos percibir a fidelidade ás regras do teatro grego: por exemplo, nin a morte do dragón nin a transformación de Dafne en loureiro teñen lugar á vista do público.

Dafne, de Jacopo Peri e Rinuccini

O presente video é unha especie de lectura dramatizada, e por tanto é moi teatral. Estes son algúns dos recursos que utilizan:

  • 1.22' Elevación do coro por detrás

  • 2.00' Disposición da sala

  • 2.20' O coro cúbrese

  • 3.36' O coro ataca

  • 7.53' O anacronismo da escopeta