As fronteiras entre bufón e clown

Non son fáciles de establecer, pero imos tentalo dun xeito intuitivo. En primeiro lugar veremos o video netamente clown de Popov, e en segundo lugar veremos ovideo netamente bufonesco de Ricky Gervais.

Máis adiante veremos que, coma sempre, as diferenzas entre un e outro dilúense.​

Clown: Oleg Popov


Está presente a autoridade, pero non hai nin desafío nin servilismo.

O espazo é un circo. É un tipo de humor que deriva en melodrama.

É unha escena da vida cotiá.

A interpretación é extracotiá: hai técnica de mimo e outras.

Clown, bufón, máis técnicas: Os Hubert

Este video amosa un traballo que se desenvolvía en 1930 no circuito de variedades e cabarets, ainda que tamén podería estar no circo e posteriormente na televisión. Nel vemos un traballo con técnica de clown, e con slapstick, acrobacia, danza e inversión de xénero.

Bufón: Ricky Gervais

A idea orixinal é de Warwick Davis, sobre "the life of a showbiz dwarf" (ou sexa, él mesmo).

O protagonista é egoísta, soberbio e servil.

É un falso documental. É coma se fora vida real. A interpretación é naturalista.

O tipo de humor que deriva en traxedia.

Trazos diferenciais:

A continuación veremos os trazos diferenciais entre o bufón e o clown e logo comentaremos os que aparecen nos videos de Popov e Gervais. E algún máis, se se vos ocorre.

Clown

Tebeos.

​Non padece censura

​Bob Esponxa: estrutura clownesca de carabranca, augusto, trombo, fantesca, empresario, etc.

​Humor inxenuo, amable, melancólico (melodrama)

​Sempre é un espectáculo extracotiá: en circo, teatro, teatro de rúa, cabaret e variedades...



​A festa, o pracer, a commedia dell’arte, os saltimbanquis, a diversión, a alegría, etc.

Burla de si mesmo. É un riso inxenuo


Técnica: sobre todo máscara. Tamén mimo e todo tipo de habilidades circenses (ecuestre, acróbata, ilusionismo, domesticar animais, etc.)

Temas: a vida cotiá.


​O continxente.

Clown O simple

As súas cores: branco e vermello

Imita porque admira aos adultos: quere ser coma eles

Bufón

El Jueves e revistas satíricas.

Padece a censura con frecuencia.

Shin Chan: cuiño, cuiño; descarado, “mal exemplo”, trompa, etc.​

​Humor ácido, grotesco, incómodo (traxedia)​

Está integrado na vida cotiá: os bufóns dos Reis, os shows de cámara oculta.

Actualmente encaixan moi ben nos late-shows que mesturan a realidade e ficción.


O antroido, irreverente, carnal, a inversión de sexos, de clases, a trangresión, o corpo non normativo.​

Parodia, burla do outro. É un riso cruel.

Máis que de técnica, falariamos dun potencial grotesco. A súa propia existencia é unha provocación grotesca e incómoda. Ás veces o seu corpo é normativo, pero o seu inxenio é grotesco.

Temas: a escatoloxía nas súas duas vertentes: a morte e os excrementos (o soez).

​O transcendente.​

Fool O louco

As súas cores: verde e amarelo

Imita porque se ri dos adultos.

De todas formas, nunca poderá ser coma eles

Videos sobre clown, bufón e comedia física

Adestramento de slapstick

"Adestramento de slapstick para O Servidor de dous amos" (5 min. Ano 2013).

Un seminario que imparte Leris, outro da familia Colombaioni. Os Colombaioni son unha saga de pallasos desde hai moitas xeneracións.


Unha lección maxistral...

...sobre comedia física, de Rowan Atkinson (ten subtítulos.Dura 45 minutos). É unha aula de comedia física que levo vendo unha e outra vez desde hai anos. Sempre a teño presente.

Aqui tedes o índice de contidos: https://en.wikipedia.org/wiki/Funny_Business_(TV_series)

Os Colombaioni no Odin Teatret

"Seminario de slapstick para clown dos Colombaioni" (Duración 4.50'). É un seminario que impartiu un dos Colombaioni no Odin Teatret no ano 1968. Carlo Colombaioni marcou a fin dunha época - a dos pallasos de circo tradicionais - e o comezo de outra -a do clown contemporáneo. Xa moi velliño deu aulas en Galicia, no Festiclown.

Dark Clown: Peta Lily

(duración 27 min) Moi interesante. O dark clown da pallasa Peta Lily é unha aproximación entre o clown e o bufón. Aínda me custa entender as diferenzas co bufón. Peta Lily afirma que o bufón faite rir sen decatáreste de que te estás a rir de ti mesmo. No entanto, o dark clown, faite rir sabendo que non deberías. O pallaso portugués Janela Magalhães deume moi boas referencias dos seus cursos.

Actividade. Debate sobre o slapstick e a violencia gratuita na ficción

O título do debate pódese enunciar así: A violencia como xogo (tamén no deporte) e coma fantasía (tamén no sexo) é boa. Este enunciado tirámolo de Jorge Drexler en https://www.youtube.com/watch?time_continue=944&v=7bOufH4HCWk&feature=emb_logo que afirma tamén que "una cosa es andar con ametralladoras matando gente y degollando gente, y la otra cosa es ver a dos niños jugando a los cowboys, cuando uno entiende que es un juego, que básicamente es un juego, un juego de roles" (min. 15.56).

Os argumentos contrarios á violencia na ficción son abundantes e podémolos atopar fácilmente. Adoitan estar sostidos por psicólogos e pedagogos.

Actividade: Obradoiro de clown

Non todo vai ser darlle á cabeciña: agora o propio será facer unha práctica para que o corpo tamén o entenda ;)

Xogos colectivos: un obradoiro de clown comeza cun quecemento a través de xogos. Deste xeito, ao tempo que preparamos o corpo para non mancarnos tamén o poñemos nunha disposición carnavalesca e lúdica.

Xogos de impulsos para que se dea unha acción-reacción sen pasar polo pensamento. O peor que che pode dicir o teu mestre de clown é "ese clown é demasiado listo".

Xogos de abrirse ás emocións. Como di o mestre Eric de Bont o clown debe estar "aberto e dispoñible". Dispoñible quere dicir que acepta todo o que está a ocorrer en escena.

Xogos de proxectarse cara ó público, de partillar as nosas emocións constantemente co público, de máscara, de mirada, de fix-point.

Xogos de improvisacións, de complicidade, duelos de pallasos...

Regamificación escénica: o clown como método para o actor

Quero partillar convosco un traballo de posgrao e unha tese de doutoramento, ambas de Juan José Cuesta Dueñas. No traballo de posgrao o título é ben elocuente: El juego como motor en el proceso teatral. Na tese, Juego y teatro. Una propuesta de (re)gamificación escénica profundiza na relación entre xogo e teatro e achega unha proposta de re-apropiación do xogo pola escena.

Eu afirmo que o xogo é un método actoral, e que onde o xogo se manifesta dun xeito máis claro é no clown. O autor -a quen non conozo pero a quen parabenizo polo seu excelente traballo- achega os tixolos que a min me permiten esta afirmación, baseándose en boa medida en Philippe Gaulier. Tamén eu fun alumno de Gaulier. "Galicia, good dictators in Galicia, Francisco Franco, Fidel Castro", diciame, e facíame o saúdo nazi. Un bufón, Philippe, incisivo e burleiro, tenro e ás veces ferinte, pero exerceu en min unha influencia decisiva.

É este o motivo de que eu non concorde con ese tópico da diferenciación entre o actor e o clown. Conozo moitos actores extraordinarios que foron e seguen a ser clowns, e nos que o xogo, o impulso, a cumplicidade son os alicerces do seu traballo. Por mencionar algúns: Luis Tosar, Luis Bermejo, Paco Tous, César Sarachu, Pepe Viyuela..., e aquí en Galicia, todos os meus compañeiros de Ollomoltranvía, sen ir máis lonxe.