Da cultura corporal ás artes circenses. Das artes circenses ao Circo.

Chamamos Circo ao fenómeno artístico que se da nun espazo circular (circo/circular) a partir de mediados do século XVIII. Antes diso, existían a acrobacia, o malabarismo, o contorsionismo, os volatineiros e outras prácticas corporais, que se verificaban en espazos exteriores coma as prazas e adros das igrexas, ou interiores coma os pazos e teatros.

E mesmo antes de que estas artes circenses fosen desenvolvidas coma espectáculos por pequenas troupes, poderíamos falar nas orixes da humanidade do concepto de “cultura corporal”, que sería máis amplo, e que conformaría un todo que durante os séculos posteriores foi dividido en especialidades coma o Circo, a Danza, a Ximnasia (deporte), o Teatro, etc. Aínda a día de hoxe fenómenos coma o parkour forman parte dese concepto amplo.

O Circo é un fenómeno universal. No teatro hai unha división neta entre o teatro de Oriente e o de Occidente, e na danza e na música espectacularizada existen productos específicos coma o ballet ou a ópera. Non obstante, o circo é un fenómeno bastante homoxéneo en todas as culturas, probablemente porque ao contrario dos anteriores, carece dunha narrativa, e está baseado exclusivamente no asombro e na beleza formal. Nas civilizacións antigas xa temos constancia da existencia das artes circenses, tanto en Oriente (China, Mongolia, India, etc.) coma en Occidente (Grecia, Roma, Egipto, etc.).

Ao igual que o resto das artes do espectáculo, sempre estiveron vinculadas ao rito e á festa, ainda que, na nosa opinión, as orixes primixenias das artes do espectáculo son o espiritu lúdico e gratuito. No caso do circo, existe tamén un vínculo forte co adestramento dos guerreiros en habilidades físicas e a súa espectacularización posterior, que a día de hoxe aínda pervive na forma de desfiles, demostracións de doma, artes marciais, etc. Un antecedente histórico do circo moderno serían as competicions olímpicas, que aínda perviven.

Será no circo moderno que xurde a finais do século XVIII onde se xunten finalmente as disciplinas do que hoxendía se coñece como circo.

Concepto e trazos característicos

O concepto de circo como contedor de disciplinas foi e segue sendo variable: por exemplo, no século XIX incluía a exhibición de seres humanos deformes (freaks) e os números de animais.

Os trazos característicos do circo son:

  • O risco e a superación nunha habilidade física

  • O sentido da beleza e a perfección

  • O asombro e a sorpresa

  • O entretemento e a diversión

De todos estes, o trazo diferencial é o risco e a superación nunha habilidade física.

O circo romano: un falso amigo. Artes escénicas asimilables ao circo.

O Circo Máximo de Roma non tiña nada que ver co que nos entendemos como Circo. Os dous fenómenos teñen o mesmo nome porque tiñan forma circular, pero o primeiro foi deseñado para carreiras de carros, aínda que tamén se daban outros espectáculos como loitas de gladiadores e e caza de animais salvaxes.

Hai que ter coidado, porque hai lugares en internet que remontan as orixes do circo ao Circo romano, e isto é falso. O que si habia no circo romano era a pompa circensis: un desfile ritual e relixioso previo, que se podería asimilar á parada do circo moderno.

Polo contrario, fenómenos como a Commedia dell'arte ou a Ópera chinesa son asimilables ao concepto de circo que temos hoxendía, xa que participaban da acrobacia, do malabarismo e de moitas outras técnicas circenses. O mesmo poderiamos dicir dos pallasos, dos bufóns, do vaudeville e outras. Son todas elas artes escénicas nas que son esenciais as habilidades físicas.

Mirabilia, festival de teatro de rúa. Podemos ver diversas técnicas, desde o sombreirismo ata danza aérea.

Bi (dos mundos, dos miradas). Unha tentativa de Els Comediants de unir o circo de Oriente e de Occidente.

Cippi Guitti: teatro de rúa (feito en sala) Técnicas circenses, á maneira dos saltimbanquis. A partir de 0,36'

FiraTàrrega. Mercado internacional das artes escénicas con máis traxectoria do Estado español e un dos máis relevantes de Europa.

Duas referencias de volatineros en Galicia

  • En 1617 na Coruña contratouse «una compañía de funámbulos que Lorito Brechola, italiano, tenía en Santiago a la sazón (…) son tres volteadores, dos hombres y una mujer, y dos músicos y un arlequín…” (en Notas Viejas Galicianas, de Pablo Pérez Costanti, Xunta de Galicia, 1993)

  • Temos máis noticias sobre volatineros en Galicia en http://www.teatroengalicia.es/volatines.htm

Enlaces

https://cnac.fr/plano_del_sitio/1791

https://cirque-cnac.bnf.fr/fr/imaginaires/cirque-au-cinema

https://icima.hypotheses.org/110 ICiMa - Cátedra de innovación de circo e marionetas. Centro de investigación dirixido polol Centro Nacional de Artes do Circo

www.CircusArtsResearchPlatform.com Plataforma bilingüe francés/inglés para a investigación científica en artes do circo! CARP : máis de 120 perfiles de investigadores, 2000 publicacions académicas y 200 grandes coleccions de circo

http://dicionarios.consellodacultura.gal/termosescenicos/termos/circo

http://amberesrevista.com/una-historia-circense/

Controversia sobre os animais no circo: https://ddd.uab.cat/pub/trerecpro/2013/115087/proanicir.pdf


PHILIP ASTLEY

Foi o primeiro en cobrar entrada: no canto de agardar a xenerosidade dos asistentes ao final do espectaculo, instalou unha billeteira.

Desfilaba por Londres para atraer a atención do público, anticipándose ás futuras paradas. Vestido co seu uniforme de dragóns, acompañado dun gaiteiro e da súa esposa que ía tocando o bombo.

Colocou gradas arredor da pista, estableceu distintos prezos para cada unha, cubriu o anfiteatro cun entramado de madeira, para o que aproveitou os tablados utilizados nos funerais da princesa de Gales. Montou asentos preferentes para os ricos, e galiñeiro para as clases populares. Introduciu a iluminación para poder ofrecer duas funcións diarias.

En 1768 montou un espectáculo ambulante. En 1770 construiu un anfiteatro e escola de doma a ceo aberto com gradas. En 1774 montou o seu primeiro espectáculo en París, onde estivo ata que regresou a Inglaterra por mor da Revolución.

Ademais das actuacións de acróbatas, xinetes e pallasos facíanse representacións históricas e dramas hípicos, anticipándose ás DRAMATIZACIÓNS DO PATRIMONIO (non: porque non se facía no lugar de la Bastilla, Non se poñia en valor un patrimonio) contemporáneas, como por exemplo A Toma da Bastilla.

A principios do século XIX o circo gozaba da protección dos reis e os poderosos. Xa non eran barracóns de madeira, senón escenarios luxosos, com grandes lámpadas e chans alfombrados.

Non era un espectáculo para nenos, senón para todas as idades e todos os estamentos sociais. Louis Dejean inaugurou en 1852 en París o Cirque d’Hiver, que ainda segue aberto e ofrecendo funcións. París converteuse na capital mundial do circo. Pronto habería seis circos estables en París.

En 1886 inaugúrase en París o Nouveau Cirque, un circo náutico cunha piscina de 25 metros de diámetro e 3 metros de fondo. Na inauguración acudiron duques, marqueses, príncipes, embaixadores, etc. Na piscina facíanse pantomimas acuaticas e representacións históricas. Este foi o circo onde traballaban Footit e Chocolat.

Acrobacia en China

A acrobacia china acadou un alto nivel de sofisticación xa no s. III a.C., con malabaristas mantiñan no aire sete puñais con, á vez, paus de tres metros. Conservanse tamén grabados en pedra de entre 206-193 a. C. no que un actúa sobre as mans no alto de doce mesas apilladas unha sobre a outra (tamén existe este xogo na acrobacia moderna), e outro galopa nun cabalo mentres lanza varias bolas ao aire.

Zhang Heng (25-220 d.C.) escrebeu a respecto de varios espectáculos de éxito, acrobáticos e de maxia, entre os que se encontran “Abanearse no cumio dun alto poste”, “Saltar entre aros”, “Tragar coitelos e cuspir lume”, “Andar sobre corda”, “Converter un pez en dragón” ou “Debuxar unha líña na terra que se convirte nun río”.

A acrobacia segue a desenvolverse épocas sucesivas, e son famosos por exemplo as viaxes de artistas pola Ruta da Seda, auspiciados pola Corte Tang, como embaixadores de boa vontade.

(de Introducción a la historia de las artes del espectáculo en China)