filosofía e bufón

Cuando Diógenes fue hecho prisionero y puesto a la venta como esclavo, el vendedor le preguntó qué sabía hacer, y este respondió:“Sé mandar. Mira a ver si alguien quiere comprar un amo”. Esta e outras anécdotas sobre os bufóns e a filosofía contanse en "Filosofía para bufones". Xa dixemos na introducción xeral ao tema sobre os bufóns, que na Antiguidade greco-latina, o filosofo e o bufón estaban moi proximos, como ilustra o traballo de Tito Asorey subtitulado "Entre Dionisos e Dióxenes". No barroco o fenómeno da deformidade flúe entre os gabinetes de curiosidades (museos da ciencia avant la lettre) e o espectáculo. A dia de hoxe, o fenómeno da "Nova Carne" ten unha orientación fundamentalmente filosófica, o que se reflicte en libros de filósofos que analizan este fenómeno, como por exemplo La nueva carne, Edición de Antonio José Navarro. Colección: Intempestivas (2002) ou Politicas de la nueva carne, de Jorge Fernández Gonzalo (2019)

Nova carne: concepto

A nova carne é un concepto que fai referencia a unha transformación do corpo humano normalmente formulada cunha finalidade filosófica, existencialista, ou incluso coa idea de perfeccionar o propio corpo.

N.C. no terror e na ciencia ficción

Frankenstein ou o moderno Prometeo, novela escrita por Mary Shelley

Películas como Metropolis de Fritz Lang, mostrábannos aos primerios autómatas do cine; máquinas que imitan a forma e os movementos dun ser animado, e que darían lugar á figura dos cyborgs, que son criaturas compostas por elementos orgánicos e dispositivos cibernéticos. O obxectivo destes dispositivos é mellorar a parte orgánica a través da tecnoloxía. O audiovisual recurríu en moitas ocasións a esta idea en películas como Blade Runner, Terminator, Ex Machina ou o anime Ghost in the Shell.

De todos os directores de cine que trataron esta

temática, destaca o canadiense David Cronenberg,

que lle deu nome ao concepto na súa película

Videodrome. Neste filme trata unha das súas

obsesións: a fusión entre a carne humana e a

materia inorgánica, enfocada en facer unha crítica

aos medios de comunicación, a manipulación

política e a revolución do video dos anos 80.

En Cronenberg a nova carne supón nunha

transformación que se entende como necesaria

para a evolución humana, pois plantexa a idea de

que o corpo está obsoleto.


En The Fly, cóntanos a historia dun científico que se utiliza a

si mesmo nun experimento de teletransportación, o que da

como resultado unha transformación monstruosa do seu

corpo xa que na máquina que utilizaba introdúcese por erro

unha mosca. Esta idea lémbranos á historia de Frankenstein,

pero neste caso é o propio creador o que se ve afectado polo

seu experimento.


Na película Naked Lunch, Cronenberg

adéntranos nun mundo absolutamente

surrealista, a Interzona. A través das

experiencias de Bill Lee, un exterminador

de insectos convertido en escritor,

asistimos a unha viaxe na que se

mesturan as alucinacións, a adición por

sustancias tóxicas, a homosexualidade e

os desexos máis reprimidos. De novo

neste filme somos testigos da estética da

carne que tanto interesa a Cronenberg;

representada nun ser medio humano

medio réptil que habita a Interzona

(Mugwump) ou no insecto que se

converte en máquina de escribir e que nos

transporta a un imaxinario máis típico de

novelas de Kafka.

N.C. nas artes plásticas

A nova carne foi tratada tamén en artes plásticas, como a pintura, a fotografía ou o cómic.

Joel Peter Witkin é un fotógrafo estadounidense que adoita incluír nas súas fotografías cadáveres

ou partes de eles, persoas como enanos e hermafroditas e xente con deformacións físicas. Cando

Witkin era un neno foi testigo dun accidente aparatoso cuxo resultado foi a decapitación dunha

rapaza cuxa cabeza saíu rodando cara os seus pés. Tamén foi fotógrafo na Guerra de Vietnam, o que

explica a súa obsesión pola mutilación e a deformidade.

Para a súa obra The Kiss, Witkin pedíu permiso nun depósito de cadáveres de México para poder

dispoñer dun corpo e frotogafialo. Pasaron varios anos ata que finalmente llo permitiron e chegado

ese momento, entregáronlle nunha caixa unha cabeza partida en dúas metades. O autor limitouse a

colocar unha metade en fronte de outra creando a sensación de que se estaban a bicar.

A obra de artistas clásicos tamén supuxo unha fonte de inspiración para as fotografías de Witkin,

como O nacemento de Venus de Botticelli ou As Meninas de Velázquez.

No mundo do cómic tamén existen historietistas, como Charles Burns, que trataron este subxénero.

Na súa novela gráfica Black Hole, relata a historia dun grupo de adolescentes de clase media que,

durante o verán, contraen unha misteriosa enfermidade de transmisión sexual coñecida como ''o

insecto, o que lles provoca unha serie de mutacións bizarras e pasan a ser marxinados da sociedade.


Na novela gráfica Sin City, escrita por Frank Miller, queda reflexada a nova carne en Roark Junior:

esta personaxe secuestra a unha nena pequena e intenta violala e matala; pero John Hartigan, un

policía honesto, atrápao e dispáralle no seu membro, que a partir dese momento quedará inservible.

Para recuperalo sométese a procesos quirúrxicos e tratamento hormonal, pero isto deriva nunha

deformidade no seu corpo e nun cambio na cor da súa pel a un tono amarelo. Podemos apreciar que

neste caso a deformidade da carne é unha metáfora da propia vileza do ser humano.

No ámbito do deseño gráfico destaca a figura de Hans

Rüdi Giger, coñecido polo seu traballo na película Alien,

el octavo pasajero. Nas súas obras mostra formas

imposibles e mundos fantásticos e desoladores que nos

recordan a un pesadelo. Os seres que habitan este mundo

son coñecidos como biomecanoides, humanoides cuxo

aspecto se ve afectado polas máquinas; e que son, en

definitiva, o reflexo da inminente adhesión do corpo

humano coa máquina e a tecnoloxía.

A temática tratada por Giger comprende a convivencia

coas máquinas, a sexualidade e os cambios físicos e

espirituais, todo isto expresado dende un punto de vista

fantástico e macabro.

A mediados dos 70, o director Alejandro Jodorowsky prantexou levar ao cine a novela Dune de

Frank Herbert, e para iso ía contar coa axuda de Giger como diseñador gráfico. Pero este proxecto

non se chegou a rodar e o filme simplemente quedou nunha preprodución. Aínda así contamos con

debuxos e deseños que Giger si chegou a elaborar, entre eles os dos gusanos de terra, tan famosos

na historia de Herbert.

En pintura propiamente dita podemos destacar as obras do polaco Zdzislaw Beksinski, que en

relación con Giger tamén retrata figuras e mundos propios dun pesadelo, pero neste caso faino

cunha intención máis introspectiva nun intento por representar os medos máis profundos e os

sentimentos máis retorcidos. No seu ''periodo fantástico'', creou imaxes perturbadoras, mostrando un

mundo surrealista e postapocalíptico, retratando escenas de morte, putrefacción, paisaxes repletos

de calaveras, figuras deformadas e desertos.


Pese ao seu tono sombrío, Beksinski afirmaba que as súas obras gardaban un tema optimista e

incluso humorístico. En ocasións expresaba que non sabía o significado das súas obras e que non lle

interesaba facer interpretacións sobre as mesmas.

Moitos grupos de metal utilizaron obras de Beksinski para as carátulas dos seus álbumes, como

Khthoniik Cerviiks ou Blood of Kingu, e ademais servíu de inspiración para videoxogos de terror,

como por exemplo The Medium.

N.C. na performance

Nos últimos anos a nova carne trasladouse

en grande medida ao mundo da

performance.

O artista Olivier de Sagazan

(https://www.youtube.com/watch?v=-

ljqvg7xaxc), nacido no Congo, ofrécenos

un achegamento violento e impactante

sobre a identidade e o corpo. Nas súas

representacións mestura características da

performance, a escultura e a pintura e

utiliza materiais como arcilla, pintura,

pallas, ramas, etc. Na súa serie de

actuacións Transfiguration, Sagazan

moldea capas de arcilla e pintura sobre a

súa cara e o seu corpo para transformalo,

deformalo e eliminalo do seu aspecto

orixinal, o que acompañado de

movementos inquietantes e profundos da

como resultado a un ser humano

monstruoso e animalizado.


11


Floris Kaayk é un artista dixital neerlandés cuxo

traballo está enfocado en conceptos futuristas e

procesos tecnolóxicos, ás veces mostrando as suás

ventaxas e outras presentando as consecuencias

negativas.

Os seus primeiros traballos consistían en filmes

semidocumentais. Na curtametraxe Metalosis Maligna

(https://www.dailymotion.com/video/x7p1phc),

móstranos a varios pacientes que padecen unha

enfermidade ficticia chamada metalosis, e que consiste

en que os implantes artificiais que estes teñen no

corpo reprodúcense e invaden a carne sustituíndoa por

ferros e elementos metálicos.

No ano 2011 publicou un video no que mostraba como

unha persoa conseguía voar cunhas ás implantadas nas

costas e co simple movemento dos brazos semellando

o voo dun paxaro (https://www.youtube.com/watch?

v=7mpcKQgL1_U). A grabación conseguíu millóns de

visitas en youtube e un ano despois o propio Kaayk

revelou nun programa que todo fora unha montaxe.

Un icono representativo da modificación corporal é

Genesis P-Orridge, considerado o pai da música

industrial. En 1993 P-Orridge casou con Lady Jaye

Breyer e sometéronse a unha serie de operacións

quirúrxicas para convertirse no que denominaron o


pandróxino, unha figura híbrida chamada Breyer P-

Orridge. Por medio de ciruxías, clonación de lunares,


implantes mamarios e prótesis faciais buscaban acadar o

maior parecido físico posible entre unha e outra.

O obxectivo destas dúas artistas era construir un ideal de

parella perfecta; en palabras de P-Orridge:

''Desexabamos devorarnos mutuamente, incorporarnos

a unha á outra e volvernos unha unidade''.

A experiencia que levaron a cabo quedou rexistrada na

película The Ballad of Genesis and Lady Jaye (2011).


12


Continuando no camiño dos implantes

tecnolóxicos atopamos ao español Neil Harbisson,

artista vanguardista e primeira persona no mundo

recoñecida como cíborg por un goberno.

Harbisson naceu cunha perticularidade visual que

lle fai ver en escala de grises. Para remediar isto

deseñou unha antena que implantou dentro do seu

cranio e sae do seu óso occipital e que lle permite

escoitar as frecuencias do espectro, incluíndo

cores invisibles como infrarroxos e ultravioletas.

A antena inclúe ademáis conexión a internet que

lle permite recibir cores de satélites e de cámaras

externas e tamén recibir chamadas telefónicas

directamente ao seu cranio.

As súas obras comprenden dende Retratos

Sonoros, nos que crea retratos de persoas ao

escoitar as cores das súas caras, ata Partituras de

Cor, consistentes nunha serie de obras nas que

converte pezas musicais en sucesións de cores.

https://www.youtube.com/watch?

v=VV4eIrz0MNI&t=76s


No punto contrario da arte performativa temos a Ron

Athey, artista estadounidense asociado coa arte

corporal e a performance extrema.

Nas súas pezas explora temas como os traumas, as

adiccións ou a sexualidade. En moitas delas recurre a

elementos propios do sadomasoquismo e

frecuentemente utiliza sobre o seu corpo ferramentas

como ganchos, cadeas, agullas e distintos tipos de

obxectos punzantes. Os seus espectáculos pretenden

ser unha especie de ritual de sanación a través da dor e

a tortura, nos que aposta pola sangue, as feridas e o

automutilamento para conseguir o impacto sobre o

público.

https://www.youtube.com/watch?

v=NQzI9oVOcT4&t=4s

N.C. na sociedade

A idea da transformación do corpo tivo unha grande evolución ao longo da historia. Nun principio

atopábase soamente na literatura e a mitoloxía como un concepto imaxinario. A aparición da nova

carne no cinema e a pintura convertíuna nun espectáculo visual e con forma propia, e coa súa

introducción na performance pasou a ser unha experiencia real.


Na actualidade converteuse ademais nun

concepto que convive con nós na nosa

experiencia cotiá. Exemplo disto atopámolo

na medicina, que fai uso de implantes

metálicos e de próteses para reconstruír un

óso ou para sustituír un membro amputado,

de maneira que a tecnoloxía converte en

posible as imposibilidades do corpo.


No caso da telefonía móvil, aínda que non estea adherida ao noso corpo dunha maneira física como

tal, si podemos dicir que forma parte de nós mesmos e do modo de comunicación cos demais. En

canto a esta idea Neil Harbisson di: ''Fai 20 anos a xente diría ''o meu móvil estase a quedar sen

batería'' e na actualidade xa adoitamos dicir ''estoume a quedar sen batería''; polo que el se atreve

a referirse ao ser humano actual como cyborg psicolóxico.


E en relación ao mundo da moda,

podemos aventurar que o gusto extendido

polas tatuaxes, os piercings ou os

implantes subdérmicos tamén conforman

un método de intentar acadar un novo

corpo, ou polo menos de ''perfeccionalo''

aínda que sexa cunha idea puramente

estética.

N.C. no teatro

Marcel.li Antúnez