Clown

Fotografía: Qui Pro Quo (1998) de Ollomoltranvía

Clownplanet de Alex Navarro

Web do pallaso Alex Navarro. Imprescindible: teoría, historia, visións, videos e moita paixón polo clown. Vino actuar por primeira vez na Feira de Teatro de Ourense (1993): cun nariz de pallaso, un traxe apretado e moitas ganas de xogar dedicábase a ir tras dos paseantes imitándoos. Xenial!


Pepa Plana, pallasa

Romeo e Xulieta feita so por unha pallasa. Humor e beleza plástica nas suas propostas.

En Galicia tamén hai boas pallasas que tiveron a oportunidade de formarse no Festiclown e tamén por fora de Galicia, como por exemplo Nuria Sanz, Isabel Risco, Nekane Fernández, Marián Bañobre ou Pajarito, por mencionar algunhas.

Actuación: Alberto, Carlo Colombaioni

(Duración 6:35'. Mala calidade, pero paga a pena velo)

Na entrevista que cerra o video pregúntanlle a Carlo se o pallaso ten futuro, e Carlo di que si que o ten, pero que hai que cambiar o rol do pallaso como fixo él mesmo. O número de Guillermo Tell tiven o privilexio de velo no Teatro Principal de Santiago.

Aga boom. Eslava clown

Un número do pallaso ruso Eslava (9min) Este número represéntano en Circos e Teatros. Os pallasos rusos están considerados os mellores do mundo.

"I Clowns" de Federico Fellini

"I Clowns" de Federico Fellini. (Duración 1h30'). Fellini sentía fascinación polos clowns, pero sentía que era un mundo que desaparecía. Chamou a Carlo Colombaioni, para que lle axudara a reunir pallasos para a película. Carlo representa a renovación do xénero segundo Jango Edwards. É unha película longa que podedes ver cando teñades algo máis de tempo.

Debate: Pallaso ou clown?

(7min) Un diálogo entre pallasos e pallasas arxentinas sobre a controversia entre chamarse pallaso ou clown.

Avner o Excéntrico

Hai máis videos del en youtube, todos moi bos. Vino na Fira de Teatre al carrer de Tárrega e quedoume gravado na retina para toda a vida.


Nola Rae, pallasa

Pallasa australiana e mestra de pallasos (deu aulas en Galicia) Este video é doblemente interesante porque fai referencia ao Festival Internacional de PallasAs.

Esta é a web de Nola Rae: http://www.nolarae.com/

A continuación veremos a tipoloxía, historia e técnica de clown. A información está tirada fundamentalmente de www.clownplanet.com.

Ás veces introduzo algunha matización persoal.

Clown para web

Actividade. Debate sobre o slapstick e a violencia gratuita na ficción

O título do debate pódese enunciar así: A violencia como xogo (tamén no deporte) e coma fantasía (tamén no sexo) é boa. Este enunciado tirámolo de Jorge Drexler en https://www.youtube.com/watch?time_continue=944&v=7bOufH4HCWk&feature=emb_logo que afirma tamén que "una cosa es andar con ametralladoras matando gente y degollando gente, y la otra cosa es ver a dos niños jugando a los cowboys, cuando uno entiende que es un juego, que básicamente es un juego, un juego de roles" (min. 15.56).

Os argumentos contrarios á violencia na ficción son abundantes e podémolos atopar fácilmente. Adoitan estar sostidos por psicólogos e pedagogos.

Actividade: Obradoiro de clown

Non todo vai ser darlle á cabeciña: agora o propio será facer unha práctica para que o corpo tamén o entenda ;)

Xogos colectivos: un obradoiro de clown comeza cun quecemento a través de xogos. Deste xeito, ao tempo que preparamos o corpo para non mancarnos tamén o poñemos nunha disposición carnavalesca e lúdica.

Xogos de impulsos para que se dea unha acción-reacción sen pasar polo pensamento. O peor que che pode dicir o teu mestre de clown é "ese clown é demasiado listo".

Xogos de abrirse ás emocións. Como di o mestre Eric de Bont o clown debe estar "aberto e dispoñible". Dispoñible quere dicir que acepta todo o que está a ocorrer en escena.

Xogos de proxectarse cara ó público, de partillar as nosas emocións constantemente co público, de máscara, de mirada, de fix-point.

Xogos de improvisacións, de complicidade, duelos de pallasos...

Regamificación escénica: o clown como método para o actor

Quero partillar convosco un traballo de posgrao e unha tese de doutoramento, ambas de Juan José Cuesta Dueñas. No traballo de posgrao o título é ben elocuente: El juego como motor en el proceso teatral. Na tese, Juego y teatro. Una propuesta de (re)gamificación escénica profundiza na relación entre xogo e teatro e achega unha proposta de re-apropiación do xogo pola escena.

Eu afirmo que o xogo é un método actoral, e que onde o xogo se manifesta dun xeito máis claro é no clown. O autor -a quen non conozo pero a quen parabenizo polo seu excelente traballo- achega os tixolos que a min me permiten esta afirmación, baseándose en boa medida en Philippe Gaulier. Tamén eu fun alumno de Gaulier. "Galicia, good dictators in Galicia, Francisco Franco, Fidel Castro", diciame, e facíame o saúdo nazi. Un bufón, Philippe, incisivo e burleiro, tenro e ás veces ferinte, pero exerceu en min unha influencia decisiva.

É este o motivo de que eu non concorde con ese tópico da diferenciación entre o actor e o clown. Conozo moitos actores extraordinarios que foron e seguen a ser clowns, e nos que o xogo, o impulso, a cumplicidade son os alicerces do seu traballo. Por mencionar algúns: Luis Tosar, Luis Bermejo, Paco Tous, César Sarachu, Pepe Viyuela..., e aquí en Galicia, todos os meus compañeiros de Ollomoltranvía, sen ir máis lonxe.