Carteis de "Escola de Bufóns" (1996), de Ollomoltranvía. Neste espectáculo, ademais do equipo habitual contabamos con Luis Tosar e Goldi.

Orixes do bufón na Antigüidade

Empezamos co tema do bufón.

A base que empregaremos neste tema é o traballo que o ex-alumno Tito Asorey realizou para esta asignatura hai anos. O traballo é excelente, así que pedinlle permiso para utilizalo nas aulas.

En primeiro lugar convídovos a que vexades dous videos relativos ao bufón na Antigüidade

Os bufóns na Idade Media e Barroco

IDADE MEDIA

Este é o aspecto típico do bufón de Corte na Idade Media. As súas cores características eran o amarelo e o verde: as cores dos loucos e dos condenados á picota. Levaban tamén unha carapucha imitando ás orellas do asnos, rematada con cascabeis e unha especie de cetro coroado cunha cabeza de boneca, coñecida como marotte. Os bufons, eran o espello grotesco do Príncipe: en lugar de cetro real levaban a marotte, e en lugar de coroa levaban o seu gorro caracteristico. O seu deber era divertir aos seus amos, pero ás veces tamén eran conselleiros reais.

Conservamos os nomes de moitos bufons famosos porque aparecen nas contas de gastos dos reis. Unha listaxe de bufóns tédela nesta mesma web, no documento Locos, enanos, negros y gente de placer que tuvieron los Austrias. Ás veces tiñanos en moi alta estima. Exemplo disto é o caso del Duque de Berry, cuxo cadáver no seu funeral foi conducido ata a tumba polos seus bufons vestidos de loito. Outro exemplo podedelo atopar na famosa escena da caveira de Hamlet, cando este pasa por un cemiterio e parase a falar co sepultureiro que o informa da morte de Iorick, bufón da Corte e amigo da infancia do Principe Hamlet. Enton toma a caveira na man mientras di: "Ai! ¡Pobre Iorick! ¿Qué se fixo das tuas brincadeiras, dos teus pinchacarneiros, os teus cantares e aquelas piadas que animaban a mesa con alegre estrépito? Agora, xa non da para que rias nin da tua propia deformidade...".

Na Idade Media existían dinastías de bufons, dado que o oficio pasaba de pais a fillos. Tamén existiron bufóns nos conventos, ainda que foron prohibidos en 789. E bufóns ambulantes, que, ben sos o formando unha troupe, vagaban de cidade en cidade tentando supervivir a base de provocar o riso da xente común.


OS BUFÓNS DE VELÁZQUEZ

En España conservamos os cadros de ananos e bufons que formaban parte da vida cotiá na corte dos Austrias, grazas ao xenio de Velázquez. Tras do Renacemento e a súa elevación moral da beleza, os pintores barrocos xiraron a mirada cara o extraordinario, o extraño, o grotesco, o feo.

Las Meninas é un caso claro de cómo os ananos servían como divertimento e compañía para as xentes da Corte.

Algúns destes bufóns padecian cretinismo e oligofrenia como El niño de Vallecas. O pintor quixo retratalo coma un anacoreta, na soedade da súa cova. O bufón Calabacillas gozaba dunha excelente reputación se atendemos ao salario elevado que percibía. Padecía de parálise cerebral, pero a súa intelixencia era normal.

Fixádevos que ambolosdous visten de verde, unha das cores canónicas dos bufóns.

Don Sebastián de Morra, tiña enanismo, crese que era flamenco e de intelixencia normal.

O cadro do bufón Diego de Acedo foi inventariado como «retrato de un filósofo con un libro en la mano», en consonancia coa idea que mencionamos ao principio dos bufóns que non son so un divertimento, senón que tamén son filósofos e moven á reflexión.

Xa no século XX, Michel de Ghelderode escribiu pezas de teatro tendo como base este gusto da dinastía dos Austrias polos seres grotescos e deformes, como Escola de Bufons ou Escorial.

Nesta época dabase importancia á procedencia destes personaxes físicamente alternativos, sendo moi afamados os loucos españois ou os ananos polacos. En canto ás mulleres, tiñan moita sona as mulleres barbudas. De moitas delas temos tamén retratos, como o de Brígida del Río, obra de Juan Sánchez Cotán, que era exhibida por doce moedas . Caso aparte, a causa da grande beleza do retrato e da impresión que causa ao ser observado é Retrato de Magdalena Ventura, pintado por José de Ribera.

Outros cadros de mulleres barbudas son o retrato de Antonietta Gonsalvus, atribuído a Lavinia Fontana, que fora acollida de pequena polo rei francés Enrique II, y mostrada como un espectáculo. Á morte do monarca pasou a ser propiedade de Alejandro Farnesio, duque de Parma.

Otro caso de mujer barbuda de esta época barroca es el de Barbara Urselin, que era música e así se nos mostra no retrato que pintou Isaac Brunn en 1653. Se casó con Michael Vanbeck, que a continuóu mostrando como un espectáculo por toda Europa.

Os príncipes regalabanse os bufons entre sí, tanto os “monstruos” reais como as suas representacions artísticas.


Unha ex-alumna, Uxía Algarra, dame noticia do interesante tratado Monstruos, enanos y bufones en la Corte de los Austrias, do que proporciono enlace.

Nel dise que "hay en la bufonería, como en todo, su juventud, su madurez y su decadencia. Su juventud podemos decir que comienza en el siglo VI, para España, con aquel muchacho llamado Mirón, mimo del rey suevo de Galicia"

Jacob Cornelisz van Oostsanen, Laughing jester, c 1500

******************

Locos, enanos, negros y gente de placer que tuvieron los Austrias en la Corte desde 1563 a 1700.

De José Moreno Villa


******************

Alas, poor Yorick! I knew him, Horatio, a fellow of infinite jest, of most excellent fancy (Hamlet)

*******************

bufones de velázquez.pdf

Enlace a pdf do psiquiatra Jerónimo de Moragas, onde se analizan os trazos característicos dos Bufóns de Felipe IV retratados por Velázquez.

********************

El niño de Vallecas, de Velázquez

Cambios coa caída do Antigo Réxime

Joseph Borulawski, anano polaco

Co cambio de época (paso do Antigo Réxime ao mundo burgués e pre-industrial), o ananos verán modificado o seu status, non o seu rol. En poucos anos pasaron de viviren entre luxos, a teren que ganar o sustento amosando as súas habilidades diante dun público moito menos opulento e requintado.

As memorias do anano Joseph Boruwlaski teñen o interese de evidenciar este cambio de tempos. O traumático que foi para el e para os seus iguais o paso de divertir a reis e nobres, os seus benfeitores, a sentir a humillación de ser un espectáculo burlesco para a plebe, exhibíndose a cambio de diñeiro.

Reseña de Francisco Martínez Bouzas das Memorias de Borulawski publicadas en galego

Século XIX: O freak show

  • O XIX, idade de ouro dos espectáculos. Século voyeur

  • Diferenciación

    • Seres deformes

    • Seres humanos de razas exóticas

  • Subcultura freak: xeito de vida e de gañarse a vida

  • Periodización do freakshow: 1840-1940.

  • Tod Browning, Lon Chaney (1º Grande Guerra)

  • Barnum: o espirito do capitalismo (show, mentiras e dólares)

  • O Home Elefante: paradigma de ser humano sensible explotado cruelmente como fenómeno de feira

  • Zoos humanos

P.T. Barnum, modelo de emprendedor

O seu lema era “cada segundo nace un idiota”. Comezou a súa carreira publicando un xornal de noticias falsas titulado “O Heraldo da Liberdade. Tras dun periodo na cadea por estafas varias, comezou sa sua carreira no show business exhibindo unha anciana negra á que facía pasar pola tata de George Washington. Cando a xente se decatou de que era imposible que a anciana tivese esa idade, difundiu o rumor de que era unha autómata, e o público acodiu en masa para comprobalo. E cando morreu a velliña, montou unha autopsia pública nun local de espectáculos para 1500 espectadores pagando unha entrada cara. Este comezo xa da unha idea da súa capacidade para facer diñeiro a calquera custo. Como él dicía, “ao público non lle importa ser enganado, se recibe a cambio entretemento para esquecer os seus problemas”.

Os marxistas a partir de 1950 reflexionarán sobre os conceptos negativos de industria cultural e sociedade do espectáculo.

Barnum foi quen creou todo iso, 100 anos antes. E segue sendo un modelo positivo en USA e en Occidente en xeral, como podedes comprobar se buscades información sobre él.

Circus Freaks and Sideshows. Documental de 40 minutos

O Home Elefante, de David Lynch


Zoolóxicos humanos: a historia olvidada do racismo científico. Documental de 55 minutos

Reportaxe de 8 minutos sobre a película Freaks


A posmodernidade e o fenómeno freak

  • Fin de século e os Self Made Freaks

  • Orlan, Sterlac

  • A nova carne

  • O corpo obsoleto

  • Cronemberg

  • A arte abxecta de Julia Kristeva

  • Outros expoñentes da Nova Carne:

    • HR Giger

    • David Lynch

    • Clive Barker

    • Joel-Peter Witkin

  • A Televisión dos '90

  • Pipo del Bono

  • Actualización 2020

    • O Libro Guinness dos Récords

    • Conchita Wurst, muller barbuda contemporánea?

    • A reasignación de sexo como parte do servizo da Seguridade Social

    • A discapacidade no cine e televisión: El Langui, Pablo Pineda, Campeones...


Promo do 999 eyes freak show: Freakshow no século XXI

O seu espectáculo non so está baseado na exhibición pasiva de determinados freaks, senón que son ao mesmo tempo magos, músicos, actores ou cómicos

Jim Rose do 999 eyes freak show: A polemica australiana

Para Rose, a diversidade corporal é unha cualidade positiva nun mundo que tende cara á uniformidade. O seu é un show divertido, aparentemente sen aquela miseria das feiras decimonónicas.

Orlan, artista e performer que usa o seu corpo como medio para facer arte. Neste caso gravando unha operación de cirurxía plástica sobre o seu corpo. Con Sterlac é impulsora da idea do corpo obsoleto.

Stelarc formula a súa teoría sobre a "arquitectura evolutiva" do corpo humano e as posibilidades da tecnoloxía. Neste video, presentando unha terceira orella que implantou no seu brazo.

Gurruchaga canta "Garras Humanas" no programa infantil de TVE La Bola de Cristal

Cronenberg é o profeta da "Nova Carne": a posibilidade de redeseñar o propio corpo

Olivier de Sagazan, arte abxecta. A este performer tivemos ocasión de velo na Mostra de Teatro de Ribadavia.

HR Giger, deseñador de Alien e doutras figuras do lado escuro


Joel-Peter Witkin, fotógrafo da beleza do monstruoso

Algúns dos freaks que aparecían na televisión dos '90

Pippo del Buono. Este espectáculo vímolo tamén en Ribadavia.

O circo Queer. Jenniffer Miller é unha muller con barba. Artista de circo, escritora, profesora, malabarista, tragadora delume.

Traballo de Fin de Grao 2019-2020 na ESAD-Galicia da alumna Uxia Algarra Cajide. O traballo profundiza no significado do bufón a nivel global, analizando tres entornos: o dos bufóns rituais, o dos bufóns de Corte e o dos bufóns escénicos. Finalmente sintetiza os trazos comúns existentes nestes bufóns para acadar unha definición do arquetipo, tanto a nivel sincrónico como diacrónico.

A ambición de indagar nestas figuras estivo presente durante todo o curso pasado a raíz dun traballo de investigación realizado para a materia Historias das Artes do Espectáculo, no que se procuraba explicar a necesidade de paiasos nun campo de refuxiados. Alí foi onde me atopei por primeira vez coa esencia do bufón. Nas entrevistas realizadas con fins académicos, moitos paiasos afirmaban sentirse paiasos na forma pero bufóns no fondo. O feito de actuar diante dun público de refuxiados servíalles para afirmar que o humor nestes contextos era necesario pero que, de acordo coa situación, a actividade de denuncia, visibilización e devolución da dignidade ás persoas a través da risa (como pretende Leo Bassi) volvíase para eles unha tarefa obrigatoria.

Creo que me fixen cunha ferramenta potente. E o máis importante: levo comigo as ganas de seguir pescudando na materia bufonesca.

Uxia Algarra

Actividade: O actor é sempre un bufón?

(ver materiais en condición social do actor)

Unha reflexión sobre a transgresión

O termo transgresión goza de grande prestixio entre as xentes do teatro, igual que o termo creatividade. Ambos termos son mal entendidos con frecuencia. O transgresor non é necesariamente un revolucionario, tamén pode ser un reaccionario. No nivel de ritos e celebracións, tanto as Fallas como o Carnaval de Cádiz son transgresores. As primeiras son reaccionarias e as segundas, non. O bufón pode ser transgresor como as Fallas, ou sexa, obsceno, escatolóxico, basto, contrario contra as clases subordinadas e so anecdóticamente molesto co poder. E pode ser trangresor dun xeito intelixente e enfrontado frontalmente ao poder. É obvio que isto último so se pode dar nunha sociedade que respeite os dereitos civís (nunha democracia occidental contemporánea), e que o bufón reaccionario foi o que perviviu ao longo da historia.

A trangresión do bufón non ten que ser necesariamente consciente ou premeditada. Lóxicamente os deficientes mentais non eran transgresores autoconscientes. No caso dos cretinos e oligofrénicos retratados por Velázquez supoñémoslles un carácter sumiso e complaciente, satisfeito. En que podería ser transgresor Lezcano? En facer, dicir, estar ou ser dun xeito non-convencional sen pretendelo. E non poder evitar facer, dicir ou ser dese xeito.

Actividade. Debate sobre a prohibición dos espectáculos que denigren aos acondropásicos.

Investigade a polémica sobre os ananos do 1,2,3 responda otra vez, a través dos documentos que encontredes en internet, por exemplo, https://vertele.eldiario.es/verteletv/actualidad/actores-demandara-Fundacion-pretendia-defenderles_0_456554341.html.

Pode valer outra polémica similar como a do lanzamento de anano https://narrativabreve.com/2013/11/el-lanzamiento-de-enanos.html ou o do anano stripper https://www.elespanol.com/reportajes/20190811/despido-toni-enano-stripper-cotizado-benidorm-ofende/420458343_0.html ,ou dos bombeiros toureiros https://www.elespanol.com/social/20190927/enanitos-toreros-polemico-espectaculo-contratado-ayuntamiento-jaen/432207239_0.html

Logo faremos un debate estruturado baixo o titulo: prohibir os espectáculos que denigren ás persoas con acondroplasia (ananismo)- A favor ou á contra.

Actividade: os límites do humor

Podemos burlarnos dos ritos e das creencias relixiosas? Teóricamente, non. O artigo 525 do Código Penal prohíbe «hacer escarnio de dogmas, creencias, ritos o ceremonias» dunha confesión relixiosa. É interesante ler a Breve historia de la prohibición del humor, de Javier Bilbao, na que se afirma que "hay gente que no encaja bien las bromas. Especialmente cuando ostentan algo de poder, siempre tan necesitado de un aura de pompa y solemnidad". Pero non nos estamos a referir so ás crenzas relixiosas. Tamén de grupos étnicos, orientación sexual, discapacidades, etc.

https://www.jotdown.es/2014/03/breve-historia-de-la-prohibicion-del-humor/