Contada para nenos:
O título xenérico da contada é "contos da lúa", porque varios dos contos teñen relación coa Lúa. O repertorio das contadas é variable, pero habitualmente a contada para infantil consiste en: dous contos con bonecos, dous ou tres contos con participación dos nenos e dous ou tres contos narrados.
Contada para adultos:
Hai conto popular, un romance medieval contado con títeres, algúns milagres do Camiño de Santiago e outras historias e fabulacións.
Curriculum contacontos:
Algunhas actuacións salientables como contacontos: Na TVG no programa "Apaga a lus", na "Universidade de Santiago" no marco dos cursos de español como lingua extranxeira (Anos 1998, 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003), na "Universidade de Varsovia" e na de "Cracovia" (Polonia. Ano 2002), na "Universidade de Braga" (Portugal. Ano 2003), na "Radio Galega" e nas campañas de Animación á lectura da Consellería de Cultura.
O meu xeito de contar é moi visual, e se alimenta principalmente de fontes literarias. Nos meus contos sempre procuro que haxa maxia e poesía, e nunca falta un elemento de comicidade sutil.
Duración:
A duración das contadas é de 45 minutos.
*CONTACTO*
Correo electronico: santiprego@santiprego.com
Mobil: 609 320 907
CANTAR DE CEGO
Santi Prego – María Xosé López
Presentan
"O crime da Rabadeira e outros contos, sucesos e romances"
O espectáculo é un cantar de cego-contacontos-actuación musical que comprende diversas formas de teatro popular, como contacontos, monicreques, cantares de cego, romances antigos e diversas formas tamén de música popular.